Os socialistas defenderán no vindeiro pleno unha moción para a mellora das infraestruturas de saneamento no municipio
O Vicedo, 24 de xullo de 2025. O Grupo Municipal Socialista de O Vicedo levará ao pleno do vindeiro mércores 30 de xullo unha moción na que reclama un plan integral para mellorar o saneamento da auga en todo o termo municipal.
A iniciativa responde a unha situación preocupante no municipio, onde numerosas parroquias e núcleos de poboación carecen de rede de saneamento ou dispoñen de instalacións deficientes. Esta realidade supón un risco para a saúde pública, o medio ambiente e a calidade de vida da veciñanza.
A moción insta ao goberno local a realizar un estudo técnico urxente que identifique os puntos críticos e as zonas sen servizo, así como a elaborar un Plan Municipal de Saneamento que defina prioridades, prazos e previsións orzamentarias. O PSdeG propón tamén solicitar financiamento á Deputación de Lugo, á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado, para levar a cabo as actuacións necesarias.
Ademais, a proposta socialista inclúe establecer un calendario de actuacións co compromiso de iniciar as obras nas áreas máis afectadas e garantir que a veciñanza reciba información clara e transparente sobre os plans e prazos previstos. “Estamos a falar dun dereito básico da cidadanía, que afecta á calidade de vida, á salubridade das vivendas e ao futuro do noso medio rural”, explican desde a formación.
Os socialistas agardan que a moción conte co respaldo do resto da corporación municipal. “O acceso a un saneamento eficaz é un dereito básico e unha obriga das administracións públicas. A situación en moitas parroquias do Vicedo, que seguen sen rede ou con instalacións deficientes, supón un risco para a saúde, o medio ambiente e a calidade de vida da veciñanza”, conclúen.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



