Trasbar, 29 de marzo de 2016.- A Asociación de Veciños Burgo de Trasbar celebrou o pasado domingo a Pascua, á que asistiron un total de 90 persoas.
O acto consistiu nunha misa ás 14.00 h, seguindo con sesión vermú a cargo de Auga Marina. Despois, xantar a base de sopa, xamón cocido con patacas e chourizo e torta San Marcos de sobremesa, con café e bebida (15 € non socios, 12 € socios, 7 € nenos) Os máis pequenos recibiron o seu oviño de Pascua. Para rematar, máis baile de Auga Marina.