Deu comezo o sábado co pregón pronunciado por Roberto Rodríguez, e seguiu este domingo co bandeo do pendón e o cuarto xantar de irmandade, entre outras actividades. Ata a Ponte de Arante se achegaron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, os alcaldes de Ribadeo e de Trabada, Dani Vega e Rubén García, concelleir@s ribadenses, deputados provinciais e autonómico, e senador por Lugo, así como ducias de veciñas e veciños das 7 parroquias de Ribadeo e Trabada, que lembran deste xeito unha data histórica.
![A Ponte de Arante celebrou esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2024/05/IMG-20240519-WA0003-1024x776.jpg)