Presentan sendas mocións en concellos e Deputación, ademais da iniciativa rexistrada xa no Parlamento
A Mariña, xoves 16 de maio 2024. O deputado e portavoz do Grupo Provincial do BNG na Deputación de Lugo, Daniel García, acompañado de concelleiros de Foz e Burela e do responsable comarcal Antonio Veiga, presentou hoxe en Burela diante das oficinas de Portos de Galicia a iniciativa que defenderá no próximo pleno da institución provincial para solicitar á Xunta de Galicia a modificación da Lei 6/2007 de Portos de Galicia co obxecto de eximir do pago pola utilización de terreos portuarios aos concellos e entidades sen ánimo de lucro.
“Agora mesmo hai múltiples actividades inseridas nas dinámicas sociais, como festas, eventos deportivos ou mercados, que deben pagar unhas taxas excesivas para poder levalas a cabo e a gran maioría realízanse en espazos urbanos que a pesar de estaren baixo a titularidade de Portos pouco teñen que ver coa actividade portuaria” manifestou Daniel García.
En términos semellantes pronunciáronse tamén os tenentes de alcalde Francisco Xavier Fanego de Foz e Mario Pillado de Burela, que fixeron referencia ao que supoñen para as arcas municipais as actividades coma as Festas de San Lourenzo, Festas do Carmen, o desfile do Entroido, a Festa do Chícaro…entre outras, que lle supoñen ao Concello de Foz preto de 60.000€ en taxas. No caso de Burela, a cantidade a pagar por diversos eventos coma as Festas Patronais, o Festival Osa do Mar, a Feira Expomar entre outras e a ocupación de espazos coma a Oficina de Turismo ou o local dos xubilados A Moncloa, ascende a 15.000€.
O responsable comarcal Antonio Veiga incidiu tamén na situación dos concellos galegos, sometidos a un sistema de financiamento local que os discrimina negativamente e que en moitos casos están asumindo competencias impropias, competencias que tería que asumir a Xunta e que as deriva aos concellos. “Por eso a Xunta, e neste caso a Consellería do Mar, con un conselleiro mariñao que tamén foi alcalde e que polo tanto debe coñecer ben esta situación municipal, deben prestar atención aos concellos costeiros, que xa asumen tamén gastos extraordinarios sobre todo en época estival, e eximilos destas abusivas taxas que perxudican tamén ás entidades sen ánimo de lucro que dinamizan vilas e pobos” afirmou.
Estas mocións levaranse aos vindeiros plenos da Deputación e dos concellos.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



