Equipo de goberno do Concello de Lourenzá. A Sra. Álvarez Chao, voceira do grupo popular do Concello de Lourenzá, aínda non se decatou, case un ano despois, de que perdeu as eleccións municipais. E perdeunas despois de ser alcaldesa con maioría absoluta, co rexeitamento de case a metade dos votantes tradicionais do Partido Popular de Lourenzá. Botou por terra en tres anos o traballo feito polos seus antecesores. Non lle dará que pensar á Sra. Álvarez? Un político con dignidade xa tería dimitido ao minuto seguinte de coñecerse o resultado electoral.
Acusa a Sra. Álvarez á Alcaldesa de Lourenzá de ditadora. Debe baixar esta señora desa nube de superioridade na que vive permanentemente e falar cos veciños; verá como lle din que precisamente ese é o cualificativo que mellor a define a ela. A Sra. Álvarez foi ditadora cos veciños e veciñas, cos traballadores municipais e coa xente do seu equipo de goberno. Incluso xente de fóra que por algún motivo ten relación co Concello nos din que valoran positivamente o cambio de actitude e de formas que atopan agora na alcaldía.
A que traballa de cara á galería é a Sra. Álvarez. Todo o mundo coñece a súa afección a estar en todos os fregados e canto lle gustan as fotos e os medios de comunicación.
O grupo popular votou en contra dos orzamentos municipais, despois de que a Sra. Álvarez se abstivese na comisión de Facenda. Claro, na comisión non hai público, no pleno, si. Quen ten dúas caras?
Acusa a Sra. Álvarez de mentireira á actual Alcaldesa, Rocío López. É a Sra. Álvarez a que mente cando di quen non lle deixamos falar nos Plenos. É precisamente esta señora a que máis fala. Tanto é así que no último pleno o voceiro socialista incluso a felicitou polo mitin que nos soltou no debate dos orzamentos. Mesmo se lle dá varias quendas de réplica, cousa pouco habitual noutros concellos.
En canto ás preguntas, a Sra. Álvarez pode facer todas cantas queira e todas serán contestadas. Se as presenta por escrito coa antelación que marca a lei, serán contestadas no pleno. De non ser así, contestaranse no seguinte pleno ordinario. Igual que a oposición ten tempo para preparar as preguntas, a Alcaldesa debe dispoñer tamén dese tempo para poder responder da mellor maneira posible ás inquedanzas dos voceiros da oposición. A Sra. Álvarez xa anunciou que non ía presentalas por escrito, co que se demostra que a súa intención é poñer en apuros ao equipo de goberno en lugar de preocuparse realmente polos temas que interesan aos veciños e veciñas.
As actas non as redacta o equipo de goberno, faino a Secretaria do Concello. Quere dicir a voceira popular coas súas acusacións que as redacta agora de distinta maneira de cando ela gobernaba? Recórdaselle a esta señora en todos os plenos que cando queira que apareza algo nas actas de maneira literal non ten máis que facelo constar. E así o fai sempre a Secretaria.
En relación coa redución de gastos, sabe a voceira popular que onde realmente se aforrou foi na rebaixa do soldo da alcaldesa e na eliminación da dedicación do tenente alcalde. A Sra. Álvarez, agora que non goberna, está empeñada en baixar ou eliminar todas as taxas e impostos municipais. Por que non o fixo cando ela gobernaba? Non o fixo porque sabe dos poucos recursos cos que contamos e que é imposible renunciar ás poucas fontes de ingresos que ten o Concello, tendo en conta ademais como o deixaron hipotecado con débedas derivadas de preitos, concesións irregulares de licenzas, mala xestión, etc.
A Sra. Álvarez debe ter máis respecto polos veciños e veciñas que acoden aos plenos. A nós gustaríanos que asistiran máis, pero cando ela gobernaba non ía ninguén. Xa se encargaba esta señora de celebralos a unha hora que impedía que asistiran os veciños. Di a Sra. Álvarez que os que asisten son socialistas. Por que non van os compañeiros de candidatura da Sra. Álvarez ou os que formaron parte dos equipos de goberno anteriores do Partido Popular? Será porque xa non confían nela? Será porque xa non ten o apoio dos seus propios compañeiros de partido?
Sra. Álvarez, agora en Lourenzá goberna o Partido Socialista. A Alcaldesa é Rocío López. Déixenos vostede traballar. Faga achegas positivas e de interese para os veciños. Reme vostede a favor e deixe de poñer pedras no camiño. Medite. Abandone toda esa rabia e rancor que leva dentro. Sra. Álvarez, fágase boa!






Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



