O Deputado de Participación Cidadá e Transparencia, Pablo Rivera Capón, mantivo un encontro con representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC) e coa Fundación Laboral da Construción, unha nova mesa sectorial do LUGOWORK, para definir conxuntamente e en base ás necesidades deste sector accións formativas do que é o plan de emprego xuvenil participativo da Deputación. Rivera Capón lembrou que este Plan está dotado de 2 millóns de euros, que o organismo provincial foi capaz de captar da Unión Europea a través da Escola de Organización Industrial.
Pablo Rivera sinalou trala xuntanza que o perfil que buscan os representantes da construción defínense en dúas modalidades, por un lado obra civil e por outro rehabilitación e edificación. No tocante a obra civil, o sector demanda máis preparación técnica e formación, e no que se refire á rehabilitación e edificación, precisan traballadores cun perfil polivalente no que mesturen técnicas clásicas. Outra das preocupacións que o sector lle trasladou á Deputación é que neste campo apenas houbo renovación no sector, polo que poden darse casos de que non haxa persoal cualificado para absorber esta demanda.
LUGOWORK
LUGOWORK ofrecerá formación gratuíta a un mínimo de 300 desempregados lucenses de entre 18 a 30 anos para a súa inserción laboral en empresas da provincia, que recibirán axudas de ata 4.200 euros para os custos salariais e da seguridade social dos novos traballadores; ou por conta allea, opción que fomenta o emprendemento e na que os mozos contarán con ata 3.000 euros para abrir os seus propios negocios.
Durante o mes de maio, a Deputación celebrará mesas sectoriais e manterá encontros con profesionais de todos os sectores para avaliar os nichos de emprego na provincia e deseñar as accións formativas. Pablo Rivera emprazou ao tecido asociativo e a todos os empresarios que queiran participar “xa que poden facelo a través de Internet, pois na web provincial, www.deputacionlugo.gal, hai publicado un formulario para trasladar á institución as súas necesidades ou facer chegar as súas propostas formativas. De feito, 50 empresas xa o fixeron”. En xuño, Deputación e EOI presentarán a programación das accións formativas do LUGOWORK.
Próximas mesas sectoriais
Tras o encontro de hoxe cos hostaleiros, as seguintes mesas sectoriais serán; Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE); Confederación de Empresarios Lucenses (CEL); Asociación de Fabricantes de Pan; Asociación de Transformación de Madeira; Asociación de Ebanistería; Federación de Comercio de Lugo; Asociación de Confiterías ou Asociación de Transportes de Mercadorías, entre outros moitas.










A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



