A Pontenova, 16 de abril de 2016.- A dirección provincial do PP nomeará unha xestora do partido a nivel local na Pontenova, ata a convocatoria do novo congreso. Estará presidida polo actual voceiro do Grupo Municipal Popular, David Álvarez.
A presidenta do Partido Popular, Elena Candia, explica que esta decisión foi adoptada este venres na reunión celebrada entre membros da directiva provincial con afiliados e simpatizantes do Partido Popular de A Pontenova e na que, ademais de Candia, tamén estiveron presentes o secretario xeral do PP provincial, Carlos Armesto, e o de Organización, Daniel Vega.
A nova presidenta explica que con este acordo de creación dunha xestora “buscamos sentar unha estrutura e un programa que nos permita crecer como partido na localidade, traballando en positivo e dándolle estabilidade á agrupación local”.
Elena Candia tamén anunciou que con este obxectivo de fortalecemento do PP a nivel local, desenvolverase unha campaña de afiliación e de comunicación das accións do Grupo Municipal do PP en A Pontenova. “Queremos sumar a todo o mundo”, matizou a popular, ao que engadiu que tamén procuran garantir que “con máis unidade a máis traballo pegado á realidade dos veciños, o PP de A Pontenova estea máis preto de ser o goberno de todos”.
A reunión celebrada este venres na Pontenova é a primeira que mantén a nova directiva provincial coas agrupación locais, e que continuarán a desenvolver ao longo da provincia para “fortalecer o noso partido provincial e sentar unhas bases de traballo sólidas e firmes, en consenso con todos os afiliados e simpatizantes”, conclúe Candia.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



