Lourenzá, 29 de abril de 2016. Vilanova de Lourenzá acolle a tradicional Festa do Maio este domingo, día 1, que inclúe desfile polas rúas da localidade e diversas actividades na praza do Conde Santo.
A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “este ano a programación presenta unhas cantas novidades con respecto a edicións anteriores. Mañá, sábado, día 30, terá lugar no mercado comarcal gandeiro a partir das cinco da tarde un obradoiro titulado Facendo un Maio. Está dirixido a tódolos nenos e nenas que queiran participar. Para poñer en marcha esta iniciativa o Concello púxose en contacto coa ANPA e o CEIP Juan Rey, que colaboran na programación deste taller. Co fin de coñecer a fondo unha das festas tradicionais que forman parte do noso contorno propoñemos que os alumnos asistentes coñezan a tradición que teñen os Maios en Galicia e todo o proceso de elaboración destes mentres realizan un propio. Con esta iniciativa o Concello pretende achegar esta tradición aos máis novos e facelos partícipes desta adoración á natureza que facían os seus devanceiros, xa que forman parte da identidade do noso pobo. Esperamos así que esta tradición se manteña no tempo e que os rapaces se involucren e estas costumes se sigan conservando”.
A rexedora municipal engadiu que “o domingo, día 1, a figura tradicional do Maio percorrerá xunto coa Madalena as rúas de Vilanova, vestindo de cores e flores todo o seu percorrido. Outra das novidades será a vestimenta da Madalena, que este ano lucirá traxe novo e zocas do artesán Alberto Geada. O desfile rematará na praza do Conde Santo, onde estarán expostos os Maios feitos polos nenos e nenas no obradoiro e onde terá lugar un recitado de poesías relacionadas coa temática dos Maios. A asociación Osorio Gutiérrez poñerá o toque musical ó longo de toda a xornada, animando a festa con bailes e cantos relacionados coa festividade do Maio. Ese mesmo día terá lugar a entrega dos premios do concurso Unha postal para mamá, actividade organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá. Xa para finalizar e cerrando as actividades programadas para esta xornada terá lugar un xogo popular de petanca no entorno da praza”.
Rocío López rematou agradecendo “o traballo e a colaboración de todos os que están a axudar na preparación desta festa tradicional dos Maios, que ano a ano se ven celebrando en Lourenzá. En especial o Concello dá as grazas a: Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, ACIAL, ANPA e CEIP Juan Rey, Protección Civil e a os veciños e veciñas de Lourenzá e que participan nos preparativos do evento”.










A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



