Foz, 21 de maio de 2016.- O alcalde de Foz, Javier Castiñeira, e a concelleira Maite López visitaron este sábado a unha veciña de Cangas, chamada Josefa, que acaba de cumprir cen anos. O rexedor, que xogou dúas partidas ás cartas coa centenaria, comentou que foi un verdadeiro pracer conversar con ela e coa súa familia “e sorprendeunos gratamente pola súa saúde de memoria e tamén por como xoga ás cartas, con picardia e estratexia, e como as conta. Ademais Josefa ten moita enerxía e sentido do humor e comentou que está moi satisfeita de ter pagado a agraria durante trinta anos porque leva moitos mais cobrando a pensión”. O alcalde e Josefa quedaron en desempatar ás cartas nas festas do Carme de Cangas, que se celebran en xullo.
Castiñeira e Maite López visitaron a unha veciña centenaria de Cangas
Castiñeira e Maite López visitaron a unha veciña centenaria de Cangas
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebra esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo