Foz, 16 de maio de 2016.- Foz, Plataforma de Futuro comezou a semana pasada a reunirse coas diferentes asociacións veciñais, culturais e deportivas do noso Concello. Como xa prometéramos durante a pasada campaña electoral das eleccións municipáis non íamos a esperar catro anos a que viñeran outras eleccións para facelo, posto que nós non buscamos con esto ningún efecto electoralista. Trátase de coñecer de primeira man as necesidades que poidan ter para poder facer a nosa labor de oposición no Concello de Foz, presentar mocións, rogos e preguntas con estas necesidades e levalas a Pleno municipal para que a Corporación tome conciencia das necesidades reais que teñen os veciños e veciñas de Foz e que o Equipo de Goberno as solucione á maior brevidade posible.
Non se trata polo tanto de ir dar ningún mitin, nin ir a prometer nada, senón escoitar e tomar nota das necesidades, problemas ou conflictos que teñen os nosos veciños e veciñas e servirlles de canle para que acheguen as súas demandas á Corporación municipal. É unha labor de responsabilidade como formación política na que moitos focenses depositaron a súa confianza, fai agora case un ano.
As reunións coas asociacións culturáis e deportivas facémolas cos seus representantes, ben no seu local social ou ben eles se acercan o noso, según mellor lles conveña, porque se trata de poñer todas as facilidades. En canto ás reunións coas asociacións de veciños e veciñas tratamos de facelas no seu local social, para que non só os seus representantes senón tamén calquer veciño que queira se poida achegar a falar con nós e expoñernos a súa demanda, son polo tanto abertas, o cal dende aquí agradecemos as diferentes asociacións veciñáis pola súa colaboración e boa disposición.
Queremos agradecer tanto a unhas coma ás outras a súa colaboración, disposición e bo trato con que nos acollen. A resposta está sendo moi boa dende todos os ámbitos, e imos a reunirnos con todas sen salvidade algunha.
A semana pasada reunímonos coa Asociación San Salvador de Fazouro, A Pomba do Arco, Asociación de Veciños de Cordido, o Clube Náutico de Foz, a Asociación Micolóxica “Os Bolouros” e a Asociación de Veciños e Consumidores de Vilaronte. Para as seguintes semanas seguiremos con estas reunións ata vernos con todas sen excepción.
Queremos salientar que na reunión coa Asociación de Veciños de Cordido se confirmou o malestar de todos e todas pola falta de compromiso do Equipo de goberno do Partido Popular coas súas promesas electoráis. O Alcalde prometeulles facer a ponte para dar entrada a Cordido a través do Camiño Real e arranxar dito camiño que presenta graves deficiencias. Segue sen facerse nada sobre estes dous aspectos que consideran importantes para a súa parroquia. Decir tamén que lles faltan canles de televisión, non teñen cobertura móvil, segue sen escoitarse RadioFoz ou a estrada da Deputación Nois-Cordido que non se limpa nin se remata o aglomerado da parte que está sen acabar. Os veciños e veciñas de Cordido están cansos de promesas electoráis que non se cumpren.
Na reunión coa Asociación de Veciños e Consumidores de Vilaronte comentáronnos que xa que non se cumpre a normativa municipal debería de haber a nivel da Mancomunidade da Mariña unha empresa reguladora que faga cumprir as ordenanzas coas que se dota este organismo neste sentido para que as empresas madeiristas paguen os arranxos das pistas dos montes que estropean, posto que están intransitables e non se pode acceder ós montes; algo que é común a todas as parroquias do Concello, que se atopan con este mesmo problema a diario. Dende FPF consideramos que se hai unha ordenanza a nivel de Mancomunidade debe ser asumida por todos os concellos que a integran, non que cada concello despóis negocie pola súa conta. Os veciños e veciñas de Vilaronte tamén nos dixeron que estas mesmas pistas deberían rozarse porque impiden a circulación e supón un perigo de cara o verán por mor dos incendios. Ademáis deberían indicarse as pistas polas que as empresas madeiristas deben facer o traslado da madeira cortada cos camións para impedir que se estropeen todas as pistas asfaltadas da concentración como sucede na actualidade, que se atopan totalmente desfeitas. Outra demanda que nos fixeron chegar é a limpeza da estrada da Deputación que enlaza a LU-152 coa N-642 e N-634 Reiriz-Espiñeira e que cruza a parroquia, só se fai unha vez ó ano, polo que non é suficiente; ademáis diso debería continuarse a construcción das beirarrúas no barrio de Vigo. Outra das demandas veciñáis e que cando se fai a limpeza das cunetas se limpen tamén os sumidoiros e os tubos das entradas, posto que de pouco serve si se fai unha cousa sen a outra, a auga apoza e desborda e estropea as pistas da concentración, incluso fai que nalgunhas casas entre a auga.