Viveiro, 16 de maio de 2016.- O Frutas Jose Viveiro FSF pechou a súa andaina na copa provincial de fútbol sala de Lugo cun claro trunfo por 5-0 ante o equipo da EDM Guitiriz.
A vitoria non lle sirve as viveirenses para acadar o pase a semifinais do torneo, pero deixa un bo sabor de boca no remate dunha tempada un tanto irregular das rapazas de Viveiro.
O partido foi de claro dominio local diante dun conxunto chairego ao que xa derrotaran por un axutado 1-2 no partido de ida.
O Viveiro enseguida se adiantou no marcador gracias a un roubo de balón de Nerea, que resolveu con acerto o seu cara a cara coa porteira rival. Este tanto asentou ainda mais ao equipo local diante dun Gutiriz que non era capaz de chegar con perigo diante da meta local e que se adicaba a defenderse ante o bon xogo das locais, que pronto se veu premiado por outro gol obra de Mery e xa nos minutos finales da primeira metade María Balsa colocaría o 3-0 cun forte disparo que se colaba por toda a escuadra da meta do Guitiriz.
A segunda metada sirveu para o debút da xoven porteira Ana, ainda en idade infantil, que resolveu con acerto as poucas ocasións que tivo o equipo rival, que seguía dominado polas locais, que ampliarían de novo a distancia no marcador cun novo gol de Mery, un dos mellores goles da tempada, e pouco despois era Marta a que tamén cunha gran definición superaba a porteira visitante.
Frutas Jose.: Laura, Mery, Nerea, Rosana, Marta. Tamén xogaron.: Bea, Andrea, María Balsa e Ana.
Guitiriz.: Marga, Uxia, Noemi, Maria y Alicia. Tamén xogaron.: Noelia, Laura,Andrea e Marta.