O vindeiro venres 6 de maio a Agrupación Socialista de Ribadeo convoca aos veciños e veciñas á segunda asemblea abeerta. En primeiro lugar darase conta dos traballos realizados sobre as cuestións plantexadas na anterior asamblea e, posteriormente, abrirase o debate cos asistentes.
O PSdeG-PSOE Ribadeo continúa así coa súa intención de traballar man a man con toda a veciñanza de Ribadeo e invita a todos a participar, sexan da cor que sexan, sen prexuízos, por que máis aló dunhas siglas, o PSdeG- PSOE de Ribadeo, compóñeno os veciños e veciñas preocupadas polo seu municipio.
A xuntanza desenvolverase no Salón de Actos da Casa do Mar, a partir das 20.30 horas.