Burela, 12 de maio de 2016.- SMC-UXT vén de gañar as eleccións sindicais en Ambulancias Burela. A UXT quere agradecer ós traballadores a confianza depositada, a súa alta participación no proceso, así como o respaldo na complexidade do mesmo, posto que foi unha mesa electoral itinerante por todas as bases do 061 da comarca.
Juan Carlos Piñeiro Docampo agradece públicamente a enorme confianza depositada no sindicato e nos seus delegados, xa que o resultado nas urnas supón un respaldo que se materializa en que a candidatura da UXT case triplicou o resultado da segunda candidatura, do CSI-F.