Na explicación historiográfica española da historia da península ibérica son moi de salientar axiomas (que non teses nin hipóteses) que inciden na suposta multisecularidade da españolidade, tentando conectala con realidades tan lonxanas como a Hispania romana ou a monarquía visigoda e a total subalternización da historia de Galicia, Euskal Herría e Catalunya.
Son axiomas deste relato i) a total negación da existencia de periodos de independencia política de galegos, vascos e cataláns, ii) o agochamento da existencia dun reino suevo de Gallaecia, primeiro regnum da Europa posterior ao derrubamento do Imperio romano de Occidente, ii) o agochamento do reino de Pamplona (Iruña) e despois de Nafarroa como reino euskaldún e o artellamento de Araba, Gipuzkoa e Biskaia como territorios autónomos nese espazo, iii) a invención dun suposto reino primeiro astur e despois leonés (séculos VIII-X) totalmente descoñecido da historiografía árabe, franca e xermánica que só recoñecían o reino de Galicia, iv) o agochamento do Condado de Barcelona dende o século XI como referente político do conxunto do Principado de Catalunya v) a supremacía catalá na unión persoal catalano-aragonesa posterior ao 1162, evidenciada na conquista das Illes e do País Valenciá e na súa expansión política (Sicilia, Sardinia, Grecia…) e comercial mediterránea.
Imos de oeste a leste. Os suevos e os galaicoromanos, a medio dun pacto ou foedum construiron no século V o primeiro regnum da Europa, axiña coñecido como Gallaecia suevorum regnum, que perviviu case 200 anos. Dende poucos anos despois da invasión árabe-bereber da península ibérica (711-715) organizouse nesa mesma Gallaecia (máis ou menos coincidente na altura cos territorios actuais de Asturies, Galicia, León e o norte de Portugal, malia que até o século XII non existirá unha realidade leonesa, asturiana ou portuguesa distinta da matriz galega ) un espazo político que axiña foi coñecido no Imperio franco do pai de Europa, Carlomagno, como reino de Galicia e polos eruditos de Al-Andalus como Yllíkiya ou Galísiya. Nunca como reino de Asturies ou de León (si como reino de Galicia e de León dende mediados do XII). Este Reino foi independente até a anexión castelá de 1230, malia que até a represión dos Reis Católicos, a fins do XV, foron continuados os esforzos do país e das súas elites por recuperar a súa independencia. A súa idade de ouro, cos reis Fernando II e Afonso VIII (1158-1230) sinalou o apoxeo de Compostela, coa construción do Pórtico da Gloria e a fundación dunha mesta rede de cidades marítimas (A Coruña, 1208) que comerciaban con Bretaña, Flandres, Holanda e as Illas Británicas.
O Reino de Galicia existirá como división administrativa mantendo unha moi limitada autonomía até 1814 e mesmo recuperou unha moi curta independencia (1808-1810) nas guerras napoleónicas.
Eneko Aritza fundou no 824 arredor da cidade entón vascona ( fundada no I a. de C. polos romanos) de Pompaelo (hoxe Iruña-Pamplona) o Pampilonensium Regnum (Navarrae Regnum dende 1162), vertebrando políticamente o espazo euskaldún entre o Garona e o Ebro cos Pirineos como eixo central. O reino acadou a súa máxima extensión co rei Sancho o Grande (1000-1035) e vertebrou tamén como señoríos autónomos os territorios de Biskaia, Araba e Gipuzkoa, vencellados ao reino navarro até máis aló do 1200. No 1180 o rei euskaldún de Nafarroa fundaría Donostia-San Sebatián. Despois, s tres territorios históricos da hoxe C.A. de Euskadi integraríanse en Castela como entidades políticas case independentes até despois da guerra carlista (1840). As guerras carlistas (1833-1840 e 1873-1876) son en Euskal Herría nomeadamente guerras polas liberdades recoñecidas no reino de Nafarroa, no señorío de Biskaia e nos territorios de Araba e Gipuzkoa.
Os condados cataláns da Marca fundada por Carlomagno foron acadando a súa independencia de feito e integrándose como espazo político de seu arredor do conde de Barcelona dende mediados do século IX. Cando cae a dinastía merovinxia (997) os condes cataláns xa non recoñecen a autoridade do rei franco. A mediados do século XI o conde de Barcelona é recoñecido xa como señor de toda a Catalunya Vella, nas dúas beiras dos Pirineos e nel alicerzouse a grande tarefa de dirixir a repoboación do Camp de Tarragona e doutros territorios da entón recentemente incorporada Catalunya Nova. No 1162 o reino de Aragón e os condados cataláns rexidos polo conde de Barcelona constitúen unha unión persoal con nidia vantaxe económica, poboacional e militar de Catalunya. No século XIII Jaume I conquistou o País Valencià e les Illes e fundou os reinos de Valencia e Mallorca, no primeiro caso cun claro predominio catalán sobre o aragonés e no segundo con exclusiva participación catalá. A resultante confederación respectou rigorosamente as liberdades e autonomía dos tres reinos (Aragón, València e Mallorca) e do Principado catalán, mais é Catalunya a que lidera a expansión comercial e política da Coroa incorporando á confederación os reinos de Sicilia, Sardinia e Nápoles.
A autonomía política, xudicial e lexislativa e as liberdades catalás existiron até os Decretos de Nueva Planta promulgados polo primeiro Borbón no exercicio dun cruel dereito de conquista despois do sitio de Barcelona, en 1714.
Mais a historiografía española sempre foi ao seu para agochar a historia real das nacións catalá, vasca e galega, malia que para iso haxa que inventar supostos reinos de Asturias, inexistentes predominios aragoneses ou un reino de Navarra alleo á súa esencia e substancia euskaldunas. E levan así máis de cento setenta anos de adoutrinamento.




















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



