Olalla Rodil denuncia que a conselleira de Medio Ambiente mentiu ao dicir que a praza de xefe do Litoral en Lugo estaba vacante: “É unha cacicada”
Santiago de Compostela, 27 abril 2026. A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil acusa o PP de valerse do Goberno da Xunta para mercar a sinatura dunha tránsfuga na moción de censura “indecente e absolutamente inmoral” en Lugo, utilizando os recursos das galegas e dos galegos para “mercadear” con vontades e votos. Fíxoo tras asegurar que a titular de Medio Ambiente mentiu ao asegurar que a praza de xefe do litoral en Lugo estaba vacante, cando a realidade é que segue ocupada pola mesma persoa que a propia conselleira nomeou “a dedo”.
“Nunca renunciou, nunca dimitiu e, que saibamos, nunca foi cesado”, explicou Rodil para rebater a resposta de Ángeles Vázquez tras denunciarse que a praza en cuestión fora convocada ‘ad hoc’ para a tránsfuga María Reigosa. Segundo lembrou a deputada nacionalista, a conselleira dixo textualmente que se sacou a praza en comisión de servizos argumentando que “no momento no que unha xefatura de servizo queda libre, no minuto cero, vólvese convocar a praza porque, se non, o servizo queda estancado”.
“É evidente que esta praza era o pago pola sinatura da tránsfuga para que o PP rexistrase a moción de censura en Lugo”, afirmou a viceportavoz do Bloque, cualificando a manobra de “cacicada” para comprar e tombar un goberno de esquerdas pola porta de atrás a un ano das eleccións. “O PP utilizou a Xunta de Galiza, o Goberno de todas as galegas e galegos para as súas operacións políticas”, subliñou.
É por iso que o BNG rexistrou no Parlamento unha batería de iniciativas para esixir explicacións sobre esta cuestión e para que se depuren responsabilidades: “É indecente e o Goberno de Rueda terá que dar explicacións por esta cacicada”, incidiu.
Rodil asegurou que nun sistema democrático non se pode admitir nin permitir o uso de recursos públicos para cambiar gobernos, manipular a vontade expresada pola cidadanía nas urnas e saciar as ansias de poder do PP e, máis concretamente, as da deputada e presidenta do PP de Lugo, Elena Candia. “Xa sabemos como traballa, non hai máis que lembrar como chegou a presidenta da Deputación”, salientou.
O PP, instalado nunha degradación terrible
Para Olalla Rodil, esta moción “sen escrúpulos para facerse co poder polo poder” demostra a “degradación terrible” na que está instalada o PP e que o único que hai detrás non é un proxecto de cidade senón “pactos escuros” dos populares cunha tránsfuga que entrou na corporación municipal pola morte de varias persoas, entre elas a alcaldesa Paula Alvarellos. Trátase, denunciou, dunha “traizón” ao que votaron nas urnas as veciñas e veciños de Lugo.
A deputada do BNG sinalou que non sorprende este modus operandi do PP porque “xa o fixeron antes, “sen escrúpulos”, referíndose á manobra que o PP levou a cabo en Sarria en setembro de 2025 a través da súa secretaria xeral, Paula Prado, “mercando con cartos da Xunta” a disolución de Camiña Sarria, o partido que hoxe ostenta a alcaldía, para que non se presente nas próximas eleccións municipais. “Foron mercar con cartos dos galegos e galegas a desaparición dun partido político anunciando supostos investimentos da Xunta a cambio de eliminar candidaturas. “Esa é a forma de facer política do Partido Popular”, considerou.
Un goberno que funciona
Malia todo, Rodil quixo deixar claro que “a xente de Lugo non é idiota”, tal e como expresou o pasado venres mobilizándose na defensa da democracia e do “lexítimo goberno municipal”.
A deputada nacionalista puxo en valor o traballo do BNG nunha cidade que “avanzou moito nos últimos anos cun proxecto político que puxo e pon as persoas no centro”. “É un clamor social a indignidade desta moción para cargarse un goberno que funciona. É absolutamente impresentable, indecente e inadmisible que esta moción saia adiante”, rematou.




























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



