Foz, 27 de abril de 2026. A Aula Universitaria da UNED en Foz presenta a súa programación de extensión universitaria para o mes de maio de 2026, cun total de cinco actividades –tres cursos, un roteiro e unha charla- que combinan formación especializada, divulgación e propostas de carácter social e ambiental.
Das cinco iniciativas programadas, tres son cursos formativos, “centrados en ámbitos de gran interese práctico. O curso de Primeiros auxilios pediátricos (3ª edición) desenvolverase do 6 ao 21 de maio, os mércores, en horario de 17:00 a 20:00 horas, e será impartido por Camilo Vázquez, “enfermeiro e figura referente na formación sanitaria na Mariña”. O curso sobre o Estatuto de Autonomía para opositores (Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril) terá lugar do 18 ao 21 de maio, en horario de 16:00 a 20:00 horas. Nesas mesmas datas e coincidindo tamén en horario, desenvolverase o curso de Mediación e conciliación deportiva: unha actividade ética, inclusiva e pedagóxica.
A programación complétase cunha actividade xa consolidada dentro da Aula, o roteiro interpretativo Flores de primavera, que terá lugar o 20 de maio, de 16:00 a 18:30 horas, con saída do Campo da Feira da Espiñeira, en Vilaronte. De novo esta proposta estará guiada por Pedro Rolle, quen acompañará aos participantes no coñecemento da flora primaveral.
Por outra banda, inclúese unha charla-obradoiro sobre a comunicación de malas noticias na intervención das Forzas e Corpos de Seguridade e Emerxencias, que se celebrará o 21 de maio, de 17:00 a 20:00 horas. “Trátase dunha actividade de marcado carácter social e humano”, organizada en colaboración coa AUGC e impartida pola psicóloga Alicia Lage.
A concelleira responsable da Aula Universitaria e de Educación, Elena Martínez Pena, destacou: “apostamos por unha programación que complemente a formación regrada e ofreza ferramentas útiles para a vida diaria, ao tempo que contribuímos a unha cidadanía máis formada e preparada”.
Pola súa banda, a coordinadora da Aula, Marta Muiña Rodríguez, sinalou: “seguimos a impulsar actividades conectadas co entorno natural, como os roteiros interpretativos, e outras cun forte compoñente social e humano, como a comunicación de malas noticias”.
Todas as actividades poderán seguirse en modalidade presencial na Aula UNED de Foz e tamén en liña. As inscricións poden realizarse a través da páxina web da UNED, presencialmente na Aula Universitaria de Foz, nos teléfonos 982.133.699 ou 604.034.549, ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.
Desde a Aula Universitaria da UNED de Foz anímase á cidadanía a participar nesta programación, “reafirmando o seu compromiso coa formación continua e de calidade na Mariña lucense”.

























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



