O documento, case milenario, foi clave na organización da Galicia medieval, pois permitiu que Ortigueira se constituíse como vila baixo a dependencia directa do rei e lle concedeu o dereito a ter porto
Ortigueira, 27 de abril de 2026. Ortigueira vivirá este xoves, 30 de abril, unha xornada histórica co regreso oficial do Privilexio Rodado de Alfonso X O Sabio e da posterior Confirmación de Enrique III de Castela, dúas pezas documentais que constitúen un dos piares fundacionais da identidade local. O acto de entrega contará coa participación do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado doutros membros do Goberno galego e de representantes do Padroado da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, institución que ostenta a titularidade dos bens e coa que se formalizou esta cesión.
O Privilexio Rodado, datado o 20 de setembro de 1255, é o documento orixinal mediante o cal o monarca Alfonso X outorgou o foro de Benavente á localidade e lle concedeu o dereito a porto. Este fito —no que foi fundamental a figura do instrutor de Enrique III, o ortegán Pedro Gallego— resultou decisivo na organización da Galicia medieval, xa que permitiu a Ortigueira constituírse como vila baixo a dependencia directa do rei, eludindo a influencia da nobreza galega. A historia destes pergamiños é accidentada: tras seren roubados do arquivo municipal no século XIX, foron localizados en Madrid na década dos setenta por Camilo José Cela, quen os adquiriu para a súa colección persoal, pasando posteriormente a formar parte dos fondos da súa fundación.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, valorou este acontecemento como un logro histórico para o municipio, froito dunha longa reivindicación. O rexedor manifestou que é un “honor inmenso dar la bienvenida a casa a estos documentos, que son el acta de nacimiento de la villa y un símbolo del orgullo de todo un pueblo”. Calvín quixo subliñar a importancia de que as novas xeracións poidan coñecer de preto a orixe da súa historia e convidou a toda a veciñanza a asistir e ser partícipes deste momento tan especial, que quedará gravado nos anais da localidade.
A recepción oficial celebrarase no Teatro da Beneficencia, onde os documentos serán presentados antes de seren trasladados ao seu emprazamento definitivo no salón de sesións da Casa do Concello. Para a súa exhibición pública, o Concello implementou rigorosas medidas de conservación técnica e científica, controlando estritamente a iluminación, a humidade e a temperatura para protexer a integridade do pergamiño.




















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



