Cervo, 27 de abril, 2026. A Garda Civil detivo un veciño de Cervo, de 20 anos, como presunto autor dun delito de roubo con violencia cometido no interior dun establecemento comercial situado na localidade de San Cibrao.
Os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado domingo, cando os axentes recibiron un aviso que alertaba de que un mozo se introducira nun local e estaba a forcexar coas persoas que o sorprenderan in fraganti.
Ao chegar ao punto, unha familiar do propietario explicou que, tras recibir o aviso, acudiran ao establecemento —actualmente utilizado como almacén— onde localizaron no interior un mozo que portaba varias botellas de bebidas alcohólicas. Cando intentou abandonar o lugar cos obxectos subtraídos, foi interceptado polo propietario, iniciándose un forcexo no que o presunto autor reaccionou con violencia, propinando golpes que causaron lesións de consideración no pescozo e no peito, ademais de romper parte da roupa da vítima.
Durante o forcexo romperon varias das botellas que pretendía levar, polo que o mozo fuxiu precipitadamente, deixando atrás varios efectos persoais: unhas chanclas, un gorro e unha chaqueta.
Varios testemuños presenciais confirmaron o sucedido e indicaron que o autor abandonara o lugar descalzo. Tamén sinalaron que momentos antes fora visto na vía pública moi alterado, cun comportamento violento e golpeando mobiliario da terraza do establecemento, o que obrigou clientes e traballadores a refuxiarse no interior.
Coa recollida dos efectos persoais, os axentes lograron localizar o mozo nas inmediacións, acompañado do seu pai. Nun primeiro momento negou a súa implicación e a propiedade das prendas intervidas, aínda que os axentes comprobaron que coincidían plenamente coa súa complexión e vestimenta. Xa en dependencias oficiais, durante o cacheo previo ao ingreso en calabozos, observouse que portaba baixo o pantalón unhas bermudas da mesma marca que as chanclas, momento no que recoñeceu a propiedade dos efectos.
Por todo isto, procedeuse á súa detención como presunto autor dun delito de roubo con violencia. Foi informado dos seus dereitos e posto a disposición da autoridade xudicial, que decretou o seu ingreso en centro penitenciario.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



