Desde Por Nuestro Faro constatamos, sen sorpresa algunha, a deterioración da illa no seu conxunto, que non é senón o resultado dos continuos desencontros entre a Autoridade Portuaria e a empresa concesionaria, cuxos intereses respectivos nada teñen que ver coa protección real dese espazo.
O acceso público á illa Pancha, prometido desde o minuto cero hai exactamente 11 anos pola Autoridade Portuaria, o Concello de Ribadeo (BNG) e a empresa concesionaria, era un cebo moi atractivo para gañar o apoio dos ribadenses. Pero, obviamente, a democratización do acceso entraba en clara contradición co reclamo publicitario que supoñía a exclusividade de durmir nun faro situado nunha «illa privada».
A pesar de ser unha condición presente na licenza de actividade e, por ilo, unha reivindicación permanente da nosa asociación, a apertura da illa ao público en xeral só foi efectiva 7 anos despois, coa posta en funcionamento da cafetería, por motivos obvios.
Mais esa chegada de turistas e visitantes sen ningún control, anunciada desde o principio e só efectiva en 2022, entraba tamén en contradición directa coa protección dun espazo pertencente á Rede Natura 2000. Pero non foi o único: o feito de transformar un faro en hotel, de modificar o espazo interior e exterior do edificio para montar unha cafetería e instalar un sollado, de meter pas escavadoras nun illote de pouco máis dunha hectárea sen avaliar o impacto das obras nin da actividade que alí se ía a desenvolver, supuxo desentenderse do que esa fonda transformación ía implicar. O que nos leva -sen entrar a delimitar parcelas para saber a quen lle toca ou non ocuparse da illa Pancha- a lembrar a responsabilidade de todas as partes implicadas no que atinxe a irregularidade número un do proxecto: a ausencia de estudo de impacto ambiental, obrigatorio por lei nun espazo destas características, e que a nosa asociación vén reclamando desde 2015. De feito, ningún plan de protección existe a día de hoxe para regular o uso e o acceso a unha illa protexida polas leis europeas, españolas e galegas. Nin as reivindicacións do noso colectivo, nin os oito comunicados do Defensor del Pueblo, nin as dúas bandeiras negras outorgadas por Ecoloxistas en Acción serviron para remover ningunha das conciencias dos asinantes do contrato de concesión e das licenzas de apertura dos negocios presentes na illa. Tampouco o actual goberno local (PP) puxo en cuestión a xestión da Illa Pancha, cuxa concesión por dez anos foi prorrogada por outros cinco o pasado verán, en pleno Ribadeo Indiano.
Parece ser que a única iniciativa recente son as difusas declaracións da Autoridade Portuaria anunciando un plan a nivel autonómico para asumir o mantemento das instalacións costeiras que se van deteriorando coa xubilación dos fareros. É curioso que utilicen o mesmo discurso que hai 11 anos utilizou o goberno de Rajoy para defender o proxecto «Faros de España» e reconverter os faros en hoteis. Ante nós está hoxe o resultado.
Daquela compra-venda a saco do litoral, estes lodos. Doutra banda a ameaza dunha condena a España por parte da Comisión Europea vai obrigar a unha reforma da lei de costas. Para evitar a sanción preténdese reducir o control privado do dominio público restrinxindo a duración das concesións e a opacidade das adxudicacións. O que non sabemos é en que medida isto pode axudar a preservar a illa Pancha, se vai implicar unha revisión da renovación automática da concesión ou cecais tamén a anulación da súa adxudicación xa no primeiro momento sen concurso público.
Sexa como fose, a deterioración da illa Pancha é o resultado dun proxecto forxado de costas á súa conservación. Tras 11 anos denunciándoo a ninguén debera estrañarlle o seu estado.
Para darlle a volta á situación debéramos aspirar a unha regulación e protección deste lugar emblemático, un control do patrimonio público onde se respecte a normativa vixente e a conservación da illa non quede supeditada aos intereses no curto prazo das partes implicadas. Non é moito pedir, só é preciso que algunha delas dea un paso adiante.
Covadonga Suárez
A VV Por Nuestro Faro



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



