Viveiro, 7 de abril, 2026. Por Viveiro alerta da falta de sinalización horizontal nos aparcadoiros da Variante e do pavillón municipal de deportes, unha situación que, segundo o grupo, reduce a capacidade destes espazos e pode xerar riscos en momentos de alta ocupación.
No caso do aparcadoiro da Variante, Por Viveiro sinala que non existen marcas no chan que delimiten as prazas nin indicacións de entrada, saída ou sentidos de circulación. Esta ausencia de sinalización provoca, segundo explican, desorde no estacionamento e unha menor optimización do espazo dispoñible.
Unha situación similar prodúcese no aparcadoiro do pavillón municipal de deportes, onde só está marcada a zona destinada a autocaravanas. O resto do espazo carece de delimitación para os diferentes tipos de vehículos.
Por todo isto, Por Viveiro solicita ao equipo de Goberno que realice as xestións necesarias para implantar unha sinalización horizontal completa en ambos aparcadoiros, definindo os espazos segundo o tipo de vehículo. No caso do aparcadoiro da Variante, piden ademais incorporar numeración específica para os postos do mercado que se celebra o primeiro e terceiro domingo de cada mes.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



