O sindicato rexistrou alegacións á proposta que actualmente está en exposición pública e que considera propia dunha «estrada de baixas prestacións» que resulta «ineficaz» para a economía local
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2026. A Unión Comarcal de CCOO da Mariña alerta dun «illamento estrutural irreversible» de Viveiro polo proxecto das variantes leste e oeste, actualmente en fase de información pública. O sindicato presentou alegacións ao estudo informativo e de impacto ambiental destas infraestruturas por considerar que o trazado proposto supón unha «oportunidade perdida» para garantir o desenvolvemento económico e industrial do municipio.
Para Comisións Obreiras, trátase dunha «estrada de baixas prestacións» que resulta «completamente ineficaz» para as necesidades actuais e futuras do tecido empresarial e económico da zona. Segundo expón nas alegacións, a configuración prevista presenta importantes limitacións que comprometen a capacidade de crecemento de Viveiro a medio e longo prazo.
CCOO advirte de que o deseño e ocupación de solo prevista imposibilitarían ou encarecerían de forma «moi significativa» unha futura ampliación para convertela nunha vía de altas prestacións. Tamén xerará limitacións para o tráfico pesado e para a actividade loxística das empresas, o que podería traducirse nun aumento dos tempos de transporte, maiores custos operativos e menor capacidade para atraer novos investimentos.
Por este motivo, o sindicato solicítalle á Consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas que redeseñe o proxecto para dotar a circunvalación «das características xeométricas propias dunha vía de altas prestacións». Como alternativa, pide que se modifiquen o trazado e as expropiacións previstas para garantir a reserva de solo necesaria que permita un futuro desdobramento da infraestrutura.
O sindicato defende que unha actuación destas características debe planificarse «con visión de futuro» e coa capacidade «suficiente» para responder ás necesidades de mobilidade, actividade económica e desenvolvemento industrial da comarca nas próximas décadas.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



