O delegado analizou co alcalde, Rubén García, as oportunidades do novo Plan Estatal, con 399 millóns para Galicia e medidas específicas para a mocidade do rural
Trabada, 24 de abril de 2026. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reafirmou hoxe no Concello de Trabada o compromiso do Goberno co acceso á vivenda en núcleos rurais como medida clave para fixar poboación e crear oportunidades para a mocidade.
O delegado, acompañado pola subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, mantivo unha reunión co alcalde, Rubén García, e o seu equipo de goberno, comprobando “a aposta que este concello leva tempo facendo para facilitar o acceso dos seus veciños e veciñas a un fogar”.
Posteriormente, visitaron un dos edificios que o Concello prevé destinar a uso social, unha iniciativa para a que o alcalde ten previsto solicitar financiamento ao abeiro das liñas de Reto Demográfico ao longo deste ano. O delegado valorou positivamente esta iniciativa da que dará traslado, xa que contribuirá á dinamización demográfica e social do municipio.
Durante o encontro, Pedro Blanco trasladoulle ao rexedor algunhas das medidas máis relevantes do recentemente aprobado Plan Estatal de Vivenda 2026-2030, que mobilizará 400 millóns de euros en Galicia nos vindeiros cinco anos. O delegado subliñou que este novo plan “blinda a protección pública da vivenda e reforza a aposta por un modelo no que a vivenda é un dereito e non un ben de mercado”.
Entre as medidas, destacou as axudas dirixidas á mocidade, que poderán acadar ata 300 euros para o alugueiro e ata 15.000 euros para a adquisición ou construción da primeira vivenda en concellos de menos de 20.000 habitantes, como é o caso de Trabada, favorecendo así o asentamento de poboación no rural.
Pedro Blanco puxo ao Concello de Trabada como exemplo de boas prácticas no impulso de políticas públicas de vivenda desde o ámbito local, subliñando o seu papel activo na procura de solucións adaptadas ás necesidades da veciñanza. Neste senso, citou algunhas das iniciativas expostas polo alcalde como o futuro Plan de Vivenda municipal, que permitirá mobilizar vivenda baleira, así como as actuacións xa desenvolvidas para rehabilitar antigas escolas e destinalas a vivenda social.
O delegado incidiu en que “os concellos son actores fundamentais para dar resposta ao reto da vivenda, porque coñecen de primeira man a realidade dos seus territorios”, e reafirmou que o Goberno “seguirá sendo o seu mellor aliado, ofrecendo recursos e ferramentas para avanzar cara a un modelo de vivenda accesible, sostible e social”.
Na reunión, o alcalde tamén trasladou ao delegado distintas cuestións de interese para o municipio, entre elas asuntos relacionados co despregamento da fibra óptica e o funcionamento do servizo de Correos, fundamentais para garantir a igualdade de oportunidades e a calidade de vida da veciñanza no rural.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



