A conselleira pon en valor que Augas de Galicia está a investir máis de 13 millóns de euros en Burela e que no conxunto da Mariña lucense a cifra rolda os 40 millóns de euros con outras intervencións importantes en concellos como Ribadeo ou Foz
Lugo, 24 de abril de 2026. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Burela, Carmela López, asinaron hoxe o convenio de colaboración para a construción da nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), unha infraestrutura estratéxica que suporá un investimento próximo aos 9 millóns de euros e que marcará un antes e un despois no sistema de saneamento do municipio.
No acto participaron tamén o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o director de Augas de Galicia, Roi Fernández.
A conselleira explicou que o convenio, con vixencia ata decembro de 2030, establece que a Xunta asumirá a contratación e execución das obras, mentres que o Concello de Burela se encargará dos permisos, licenzas e da posta á disposición dos terreos necesarios, en colaboración con Portos de Galicia ao tratarse de actuacións en solo portuario. A previsión é licitar os traballos este verán e inicialos en 2027.
Unha EDAR máis eficiente e adaptada ás esixencias ambientais actuais
A futura depuradora terá unha capacidade de tratamento un 50% superior á actual e poderá atender máis de 13.000 habitantes equivalentes. Ademais, incorporará tratamento secundario, inexistente na instalación vixente, o que permitirá mellorar a depuración e desinfección das augas antes da súa devolución ao medio.
A actuación conta con cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e permitirá cumprir cos estándares da directiva europea sobre tratamento de augas residuais.
A alcaldesa, Carmela López, destacou que se trata “dun día importante para Burela”, subliñando que esta infraestrutura “resolve un problema que durante máis de quince anos non sempre se vía, pero que estaba aí: o saneamento e a depuración das nosas augas”. Engadiu que o proxecto é froito “do diálogo, do traballo compartido e da responsabilidade institucional coa cidadanía”.
Fase I xa en marcha: novos colectores e mellora da rede
Esta nova EDAR corresponde á fase II do proxecto global de mellora do saneamento de Burela, que se suma á fase I, actualmente en execución, cun investimento duns 5 millóns de euros. Esta primeira fase inclúe a instalación de preto de 2,4 quilómetros de colectores e a construción dunha Estación de Tratamento e Bombeo de Augas Residuais (ETBAR) na zona portuaria, que realizará un tratamento previo das augas antes de envialas á depuradora.
Segundo explicou a conselleira, esta fase é independente da EDAR, pero xa permitirá mellorar o saneamento ao eliminar filtracións, aumentar a capacidade da rede e reducir a carga contaminante dos alivios grazas ao tratamento previo.
Un investimento total que supera os 13 millóns de euros
Sumando ambas fases, o investimento en saneamento en Burela supera os 13 millóns de euros. A conselleira lembrou que, ademais, Augas de Galicia ten en marcha ou proxectadas actuacións noutros municipios da Mariña lucense, como Foz ou Ribadeo, que elevan o investimento global na comarca por riba dos 40 millóns de euros.
A alcaldesa concluíu que “a nova EDAR non é só unha obra, senón unha garantía de futuro, un compromiso co medio ambiente e unha aposta pola calidade de vida da nosa veciñanza”.





















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



