Burela, 25 de abril, 2026. O Burela FS afrontou un partido moi complicado en Ceuta, recentemente descendido e ademais mermado por importantes baixas. Irene, Laura Barranco e Lola Muñoz non puideron viaxar: as dúas primeiras quedaron en Burela por precaución tras as convocatorias coa Selección Española e a UCAM, e Lola sufriu unha rotura de fibras de grao 2 no seu primeiro adestramento coa Selección, lesión que a deixará fóra o resto da tempada.
O encontro estivo claramente dominado polo conxunto local, que suma tres puntos e se afasta dos postos de descenso.
Primeira parte: dominio local e eficacia
Os primeiros minutos tiveron poucas ocasións, pero no 5 chegou o 1–0, obra de Su Reis tras rematar un disparo de Ale. No 8, Ana Eliza evitou o segundo cunha boa intervención ante Kseniia, pero o 2–0 chegou no minuto 10 cun remate de Maura tras pase cruzado de Morgana.
O Burela tivo a súa mellor ocasión no 13 cun remate de Lara ao pase de Sandra, pero o balón marchou rozando o pau. No 15 chegou o 2–1, un gol en propia porta de Tami nun saque de banda de Cris Blanco.
As locais seguiron presionando e, tras a quinta falta do Burela, Morgana anotou o 3–1 de penalti. No último minuto da primeira parte, Ana Eliza evitou o cuarto tanto local cunha boa parada a tiro de Julia.
Segunda parte: o Ceuta sentencia
No primeiro minuto da reanudación, Tami evitou o gol de Lara, pero no 22 Mailén fixo o 4–1 empurrando un disparo previo de Giy Costa. No 26 chegou o 5–1, de novo de Su Reis, e un minuto despois Maura fixo o 6–1 tras combinar con Claudia.
O festival goleador continuou no 29 co 7–1, anotado por Claudia tras un primeiro disparo ao pau. No 30, Silvia Rubal recortou distancias cun disparo afastado na primeira xogada de cinco para o Burela (7–2), pero Ale fixo o 8–2 definitivo segundos despois tras recibir un pase de Mailén Romero.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



