A agrupación socialista inicia unha nova etapa co obxectivo de liderar o cambio político no municipio en 2027
Abadín, 26 de abril de 2026. A Asemblea Extraordinaria da agrupación socialista de Abadín acordou este venres a elección e constitución da nova Comisión Executiva Municipal, dentro do proceso de reforzo orgánico que a dirección provincial do PSdeG de Lugo está a impulsar no conxunto do territorio.
No encontro, a militancia elixiu a Pablo Díaz López, actual voceiro socialista no concello, como novo secretario xeral do PSdeG local. Díaz López asume esta responsabilidade co obxectivo de reforzar o proxecto socialista en Abadín e de acadar á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais de 2027.
A nova Comisión Executiva Municipal complétase cos seguintes cargos:
Secretaría Xeral: Pablo Díaz López
Secretaría de Organización: Alberto Rodríguez Folgueira
Secretaría de Política Veciñal: Miguel Ángel Martínez Neira
Dende a dirección provincial sinalan que “esta nova etapa marca o inicio da conta atrás para o cambio en Abadín: un cambio no proxecto, nas formas e nas persoas, cunha renovación política e organizativa orientada a consolidar un equipo preparado para lideralo”.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



