Xove, 26 de abril, 2026. Xove acolleu o Día Provincial das Amas de Casa, un encontro que este ano organizou a Asociación de Mulleres Bolboretas de Palmeiro, que preparou con gran dedicación unha completa xornada de actividades.
A programación abriu cun desayuno elaborado polas integrantes da asociación, seguido dunha exposición de traballos realizados ao longo dos anos, unha mostra do esforzo, creatividade e compromiso destas mulleres co movemento asociativo.
Durante a mañá proxectouse un audiovisual sobre a antiga baleeira do porto de Morás, recuperando parte da memoria industrial do municipio. Ao rematar, as participantes desprazáronse ata a zona etnográfica da baleeira, onde Lucía Sánchez, socióloga do Concello, e Brais Vilar, de Rutas Galicia Norte, explicaron in situ a evolución da actividade baleeira e o seu impacto na historia local.
A xornada continuou cunha comida de confraternidade, na que se entregou un detalle a cada unha das asociacións participantes como agradecemento pola súa presenza e implicación.
En total participaron 12 asociacións da provincia, reunindo arredor de 140 mulleres chegadas de distintos puntos:
Asociación Angueiras de Chavín (Viveiro)
Asociación de Amas de Casa Beiromar de San Cosme de Barreiros
Asociación Parroquial de Amas de Casa e Consumidores de Santa María de Bretoña
Asociación de Amas de Casa Río Miño de Meira
Asociación de Amas de Casa e Consumidores Alborada de San Cibrao (Cervo)
Asociación Provincial de Amas de Casa e Consumidores Lugo Lucus
Asociación de Amas de Casa de Ribadeo
Asociación de Amas de Casa Praia da Marosa de Burela
Asociación de Amas de Casa Virxe do Carme de Foz
Asociación de Amas de Casa de Mondoñedo
Asociación de Amas de Casa e Consumidores Bruma de Lagostelle (Guitiriz)
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, agradeceu á directiva de Bolboretas de Palmeiro o seu excelente labor organizativo e destacou o papel fundamental destas entidades na dinamización social, cultural e comunitaria dos concellos da provincia.
Foi unha xornada marcada pola convivencia, a participación e o orgullo de compartir tradicións e experiencias entre mulleres de toda a provincia.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



