Dende que aconteceu a Transición política en España, que permitiu o paso da ditadura á democracia, vai para cincuenta anos, téñense feito moitas interpretacións encol da mesma, pero poucas veces se ten posto o acento no contexto socioeconómico que a motivou e a facilitou.
Neste senso, e coido que con bo criterio, o filósofo José Luis Villacañas afirma que a Transición política foi a culminación do que el chama, en termos gramscianos “a revolución pasiva” de Franco.
Un feito que se inicia en 1959 co chamado Plan de Estabilización e que consistiu na modernización e integración da economía española no circuíto económico mundial, coa axuda, sobre todo, de capital norteamericano e das divisas da emigración e do turismo.
Este feito supuxo a transformación da estrutura agraria en industrial e da sociedade rural en urbana, sen que neste proceso transformador o réxime autoritario perdera o control político do país.
Esta transformación que se desenvolve na última etapa do franquismo, máis por necesidade que por convición do ditador, vaille outorgar, por primeira vez en España, a hexemonía á clase burguesa, ubicada fundamentalmente en Cataluña e Euskadi.
Pero tamén será esta transformación, o caldo de cultivo para que abrolle con forza unha importante clase obreira e clase media que a carón do novo protagonismo burgués, serían as forzas tractoras claves para a apertura do proceso político hacia a democracia.
Polo tanto, parece lóxico pensar que será esta transformación socioeconómica que conformaran o contexto axeitado para que se produza o proceso de transición da ditadura á democracia. Por enriba de políticos concretos, onde a súa laboura centrouse, máis ben, en xestionar politicamente o inevitable. Xa que neste novo contexto socioeconómico e tras a morte de Franco, a ditadura era insostible.
Cómpre ter presente que a burguesía necesitaba abrirse a Europa e integrarse por completo no sistema capitalista. E na sociedade que se foi conformando neste período había desexo de mellorar e consolidar o incipiente benestar que xa levaban anos disfrutando as sociedades europeas que actuarían de referentes.
Estes lexítimos anhelos dos sectores máis activos da sociedade española, coido que foron a clave para impulsar Unha transición política hacia a democracia que nos homologara cos países europeos.
Isto fíxose mediante unha transición pactada entre os sectores reformistas do réxime e a maior parte da oposición democrática. Unha fórmula, como dixo Vázquez Montalbán, froito dunha correlación de debilidades que tanto impedía o inmobilismo como a ruptura radical. Ao tempo, permitíalle a Unha parte das elites protagonistas no franquismo seguir gozando de privilexios e poder e a oposición democrática, integrarse plenamente no novo marco de convivencia recollido na Constitución do 78.
En definitiva, o que se fixo na Transición foi acelerar e consolidar as transformacións socioeconómicas da década anterior, adaptando o sistema político ao que esixía a nova situación construción dunha Monarquía parlamentaria á que se chegou sen romper a legalidade, pasando da lei á lei.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



