A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo recolleron en IFEMA este recoñecemento ao traballo desenvolvido tras a implantación do novo contrato do lixo
Vilalba, 10 de xuño de 2026. O Concello de Vilalba vén de recibir a Escoba de Prata, un recoñecemento outorgado por ATEGRUS no marco de TECMA 2026, a Feira Internacional de Urbanismo e Medio Ambiente celebrada en IFEMA, Madrid. A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo recolleron o galardón, que distingue iniciativas orientadas á mellora da xestión de residuos, da limpeza e do aseo urbano, así como accións vinculadas á innovación, á sustentabilidade e á calidade de vida.
Os premios Escobas recoñecen proxectos destacados de administracións e entidades de todo o Estado pola súa capacidade para transformar e optimizar os servizos relacionados co coidado da contorna. No caso de Vilalba, a candidatura foi premiada polo traballo desenvolvido arredor da posta en marcha do novo contrato de recollida de residuos e limpeza viaria.
A alcaldesa subliñou que este recoñecemento “supón unha satisfacción importante porque avala un traballo que ás veces non sempre é o máis visible, pero que ten un impacto directo no día a día da veciñanza”. Rouco destacou que o novo contrato permitiu introducir melloras substanciais tanto na recollida de residuos no casco urbano e nas parroquias como nos servizos de limpeza viaria, cun modelo máis adaptado ás necesidades actuais.
Tamén puxo en valor o proceso de transformación do servizo: “Falamos dun contrato licitado e aprobado durante esta etapa de goberno, pensado para prestar mellores servizos públicos con criterios de eficacia, sustentabilidade e equilibrio territorial, para que as melloras cheguen tamén ao rural”. A rexedora fixo fincapé en que o premio é un recoñecemento colectivo ao persoal que traballa diariamente no servizo.
Desde o Concello destacan que esta distinción supón un impulso para seguir avanzando na mellora progresiva dos servizos municipais e continuar desenvolvendo actuacións que contribúan a facer de Vilalba un municipio máis limpo, sostible e con mellores servizos para a veciñanza.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



