A iniciativa foi exposta ante representantes de diferentes países europeos durante un encontro dedicado á innovación e á cooperación no desenvolvemento local participativo
Viveiro, 10 de xuño, 2026. O proxecto Mar e Rías Pesca & Turismo foi presentado esta semana no seminario europeo de FAMENET sobre innovación e cooperación, celebrado en Pärnu (Estonia), como exemplo de cooperación entre Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Galegos.
A presentación tivo lugar durante unha das sesións dedicadas ás experiencias de cooperación entre territorios, na que se expuxeron iniciativas procedentes de distintos países europeos. Neste contexto, Mar e Rías Pesca & Turismo foi exposto como caso práctico para mostrar o potencial da colaboración entre grupos na creación de proxectos conxuntos orientados á diversificación económica das zonas costeiras e á posta en valor do patrimonio mariñeiro.
Durante a intervención déronse a coñecer os obxectivos da iniciativa, baseada na promoción do turismo pesqueiro como ferramenta para achegar a actividade profesional do mar á sociedade, así como os principais resultados acadados ata o momento grazas á participación dos oito GALP galegos (GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Ría de Pontevedra, GALP Costa da Morte, GALP Ría de Vigo-A Guarda, GALP A Mariña-Ortegal, GALP Seo de Fisterra e GALP Ría de Arousa).
O encontro reuniu representantes de administracións, grupos de acción local, entidades do sector pesqueiro e expertos en desenvolvemento local procedentes de diferentes países europeos, converténdose nun espazo de intercambio de experiencias e boas prácticas arredor da cooperación e a innovación nos territorios costeiros.
A participación neste seminario permitiu dar visibilidade ao traballo que se está desenvolvendo en Galicia no ámbito do turismo mariñeiro e pesca turismo, e compartir unha experiencia de cooperación que está contribuíndo a reforzar a promoción do patrimonio pesqueiro, a identidade dos territorios costeiros e a xeración de novas oportunidades vinculadas á economía azul.
Durante o encontro tamén se anunciou a celebración do Congreso Internacional de Pesca Turismo, que terá lugar os días 15 e 16 de outubro en Sanxenxo, unha cita que reunirá profesionais, entidades e expertos de diferentes países para analizar o presente e o futuro do turismo pesqueiro e mariñeiro.
Mar e Rías Pesca & Turismo continúa avanzando como unha iniciativa na cooperación entre territorios pesqueiros, demostrando o valor do traballo conxunto para impulsar proxectos innovadores que contribúan ao desenvolvemento sostible das comunidades costeiras.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



