Lugo, 11 de xuño de 2026. O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, subliñou esta tarde en Lugo o apoio decidido da Xunta de Galicia ao emprego da madeira no eido da construción, ben sexa en obra nova, ou en rehabilitación. “A madeira é un produto renovable, sustentable e pódese utilizar, reutilizar e reciclar – apuntou – é unha materia prima clave na xeración de valor do recurso forestal e para o modelo de transición de Europa cara a unha bioeconomía circular destinada a impulsar a competitividade global, fomentar o crecemento económico sustentable e a xeración de novos postos de traballo”.
Fernández Ríos participou na apertura do Curso de formación específica en cálculo de estruturas de madeira onde lembrou que o Goberno galego conta tres liñas de axuda (Xera-savia, Xera-tecno e Xera-valor) para mellorar a competitividade da cadea monte-industria e impulsar un sector que supera as 3.300 empresas e xa representa o 1,7 % do PIB galego. Uns programas de apoios para os que este ano se reservaron algo máis de 16 millóns de euros. Cómpre lembrar que o sector forestal foi declarado estratéxico en febreiro do 2024 e o pasado 19 de xaneiro o Consello da Xunta daba conta dos avances na tramitación do seu plan director, ferramenta que marcará a folla de ruta desta industria nos vindeiros anos para potenciala, incrementar a súa competitividade e xerar emprego de calidade e que se agarda poida estar aprobado este verán.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



