A subordinación política e o seguidismo ideolóxico teñen un custo económico non aturábel para o pobo galego. A posición de Alfonso Rueda e do PPdeG, plenamente secundada polas teses centralistas que de xeito mimético asume o PSdeG, amosa unha falla evidente de ambición nacional. Ambas as dúas forzas prefiren aliñarse cos intereses das súas direccións en Madrid antes que defender o noso autogoberno, actuando conscientemente como delegados de provincia dun centralismo voraz. O máis grave desta submisión é que tanto populares coma socialistas asumen o relato da multilateralidade fiscal sendo plenamente conscientes de que é letal para os intereses de Galicia. Achegamos só o 5,4% do PIB e o 5,2 % da poboaciòn, mais somos unha naciòn definida, cus alicerces económicos que para o conxunto do Estado son prescindíbeis Cómpre un xiro copernicano: a afirmación dun soberanismo bilateral alicerzado nun novo sistema tributario emerxe non só como unha opción de dignidade, senón como un imperativo urxente de supervivencia fronte ao conformismo dun bipartidismo dinástico que renuncia dar a batalla por medo a incomodar os seus cuarteis xerais, e máis ao deep state.
O argumento central do autonomismo de curto voo descansa sobre unha burda manipulación metodolóxica das nosas balanzas fiscais que PP e PSdeG validan sen vergoña. O unionismo teima en mesturar o debate das pensións coa recadación fiscal de base territorial, un artificio xurídico que non resiste a menor analise. As pensións son dereitos individuais subxectivos adquiridos polas persoas ao longo da súa vida laboral a medio das súas cotizacións; a Caixa Única da Seguridade Social garante ese pago a calquera cidadán e non supón ningunha transferencia graciosa do Estado a Galicia. Pola contra, cando illamos este factor e aplicamos o método do fluxo monetario, os datos espidos dinnos que Galicia transfire ao Estado moito máis do que recibe. O noso país sofre unha drenaxe invisíbel a través do perverso “efecto sede”, que permite que multinacionais que espolian os nosos ríos e saturen o noso monte de eólicos computen fiscalmente en Madrid. Isto sábeno abondo na Xunta e na sede socialista da rúa do Pino, mais prefiren calar por non rachar a disciplina sucursalista.
Definir o futuro de Galicia dende a multilateralidade do Consello de Política Fiscal e Financeira é aceptar voluntariamente a nosa devaluación política. Esa multilateralidade, defendida con igual forza por Rueda e polas ringleiras do socialismo galego, condúcenos a competir en inferioridade de condicións nun foro deseñado para a homoxeneización centralista, onde o noso peso demográfico e PIB nos condena á irrelevancia fronte ás estratexias extractivas do Estado. Unha facenda propia, que recade a totalidade dos impostos directos e indirectos xerados no noso tecido produtivo, e que liquide unha cota anual ao Estado polos servizos estritamente non transferidos (sistema que levan usando máis de 40 anos Euskadi e Nafarroa), outorgaríanos a chave da soberanía financeira. Permitiríanos reverter o déficit crónico en investimentos produtivos de bens de capital, modernizar substancialmente a nosa rede ferroviaria e apoiar decididamente ás nosas industrias propias e ao noso medio rural sen ter que agardar polas faragullas do banquete central.
A pinza conformista de PP e PSdeG hipoteca o mañá das vindeiras xeracións de galegos e galegas ao cronificarmos un modelo de país pasivo, envellecido e dependente de esmolas orzamentarias e entregas a conta. O soberanismo bilateral, coa asunción plena da nosa corresponsabilidade fiscal, é o único camiño para pór o noso inmenso potencial enerxético, agrogandeiro, forestal e industrial ao servizo dun desenvolvemento diversificado, autocentrado e sostíbel. Trátase de exercer un patriotismo cívico, moderno e eficiente, emancipado da tutela dun Madrid que nos nega o pan mentres se apropia do noso esforzo.
Rachar co espolio fiscal a medio dun concerto propio non é ningunha utopía; é unha urxencia democrática para pormos Galicia na vangarda do século XXI.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



