Ribadeo, 8 de xuño de 2026. A Escola de Música e Danza (EMMeD) celebrará o vindeiro luns, 22 de xuño, unha xornada de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer as súas instalacións e a súa oferta educativa. O evento terá lugar entre as 16:00 e 18:00 horas.
Durante esta xornada, o profesorado do centro explicará polo miúdo as distintas disciplinas que se imparten na escola. Ademais, as persoas interesadas poderán participar nunha pequena clase práctica de balde, o que supón unha oportunidade única para probar as diferentes materias antes de formalizar a matrícula no centro.
Actividades por idades
Para facilitar a organización e adaptarse ao nivel pedagóxico, as actividades estarán divididas segundo as seguintes franxas de idade:
-Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2019 e 2022.
-Práctica instrumental: nenas e nenos nados a partir de 2018, incluíndo tamén persoas adultas.
-Pre-Danza: nenas e nenos nados entre os anos 2019 e 2022.
-Danza clásica ou contemporánea: nenas e nenos nados a partir do ano 2018.
As persoas asistentes non só poderán probar as clases de forma gratuíta, senón que tamén terán a ocasión de visitar as dependencias da escola e resolver calquera dúbida sobre o funcionamento e o proxecto educativo do centro.
Inscricións
Para participar na xornada de portas abertas e nas clases prácticas, é imprescindible realizar unha inscrición previa por motivos de organización. O prazo para anotarse remata o 19 de xuño.
As solicitudes deben enviarse ao enderezo electrónico esmu.municipal.ribadeo@edu.xunta.gal, indicando os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, teléfono de contacto e especialidades que se queren coñecer.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



