Entre as axudas acadadas polos concelleiros do PP de Trabada destacan partidas importantes como o Plan Camiña, o aparcadoiro de autocaravanas ou fondos para socorristas e obras
Trabada, 11 de xuño de 2026. Os concelleiros do PP de Trabada reivindican o traballo diario e a interlocución que se realiza coa Xunta de Galicia para garantir a chegada de fondos e investimentos ao municipio, xa que “moitas destas subvencións son froito do impulso, o seguimento e o esforzo construtivo realizado polo noso grupo”.
O voceiro municipal do PP, José María Fernández, explicou que a vocación do grupo é a de colaborar e tender pontes en beneficio dos veciños. “Ao contrario do que acontece noutras administracións gobernadas polo PSOE, onde moitas veces se poñen trabas ás axudas aos municipios de distinto signo político, no PP non actuamos así”, afirmou.
“Nós traballamos con responsabilidade para que todas as axudas posibles cheguen a Trabada, porque o único que nos importa é o benestar do noso municipio”, destacou.
Grazas a esta labor de xestión e impulso por parte do Grupo Popular, os veciños poden contar con importantes investimentos autonómicos. Entre as axudas máis destacadas atópanse máis de 57.000€ para o Plan Camiña, 30.000€ destinados á creación dun aparcadoiro de autocaravanas, 15.000€ para diversas obras municipais e 7.200€ para o servizo de socorristas, ademais de outras moitas achegas.
Ademais, desde o PP de Trabada lamentan que o alcalde non aproveitase a totalidade das ferramentas de financiamento que a Xunta pon á disposición dos municipios.
En concreto, José María Fernández confirmou que este ano o goberno local non solicitou os programas do Aprol Rural, as brigadas de incendios nin os obradoiros de emprego.
“Deixar pasar estas liñas de axuda supón unha oportunidade perdida para o desenvolvemento local, trátase de programas fundamentais para fomentar a inserción laboral e ofrecer formación remunerada aos desempregados do noso concello, ademais de ser unha axuda clave para realizar actuacións no día a día dos veciños e mellorar a seguridade”, sinalou.
Finalmente, José María Fernández reiterou o compromiso do PP de seguir traballando “con man tendida e de xeito positivo” para que Trabada non perda máis recursos e dispoña das mellores ferramentas para o seu progreso.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



