Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2026. Un total de nove portos dependentes da Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, ostentan este ano o distintivo Bandeira Azul que outorgou a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC. Este galardón recoñece a calidade das instalacións e servizos que ofrecen os peiraos deportivos e supón un reclamo turístico e empresarial para as entidades e para o conxunto das vilas que as acollen.
En concreto, nesta edición de 2026 os galardóns recaeron nos operadores Real Club Náutico de Ribadeo, Club Náutico de Sada, Sadamar, Real Club Náutico de Portosín, Club Náutico Portonovo, Monte Real Club de Yates de Baiona, Juan Carlos I (Sanxenxo), Real Club Náutico de Sanxenxo e Porto Deportivo Pedras Negras (O Grove). A estas 9 instalacións autonómicas súmanse Marina Real, dependente da Autoridade Portuaria da Coruña e o Liceo Marítimo de Bouzas, dependente da Autoridade Portuaria de Vigo.
A Consellería do Mar e Portos de Galicia amosan o seu recoñecemento ante o esforzo realizado polos operadores náuticos para a certificación da calidade das instalacións portuarias autonómicas. Así mesmo, o ente público pon a disposición dos clubs e mariñas xestoras de portos deportivos o seu asesoramento técnico e administrativo para as candidaturas a este galardón.
O impulso á calidade nos servizos e ao recoñecemento da mesma é un dos obxectivos prioritarios na xestión portuaria da Xunta de Galicia, que traballa para que a comunidade consolide a súa posición internacional na primeira liña da calidade de servizos.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



