Viveiro, 24 de maio de 2016.- O pasado fin de semana celebrouse na localidade portuguesa de Vila Real de Santo António, o Campionato de Europa de 10 km en ruta de veteranos cunha masiva participación de atletas de todos os paises europeos, a proba transcurriu por un circuíto totalmente chan, cunha alta temperatura o que perxudicou á maioría dos atletas que tiveron que facer un sobre esforzo para rematar a proba.
Os 3 atletas do Egovarros-Viveiro que competiron coa selección española, fixeron un bo campeonato. Na categoría M75, a proba estivo dominada por dous atletas alemáns dende o principio ó fin acaparando a medalla de ouro e de prata, Antonio Cabana o representante do Egovarros fíxose coa quinta posición, sendo o segundo español en cruzar a línea de meta. Na categoría de M45, Marcelo Vasquez ocupou a décimo terceira posición, sendo o posto 70 na clasificación xeral e o seu compañeiro Jose Ángel López, na categoría de M40 acadou o posto 18 e o 37 da clasificación xeral.
As próximas probas que teñen os atletas do Egovarros-Viveiro dentro do calendario da federación galega son: o Campeonato de Carreiras de Montaña que se celebrará en Ourense e o Campeonato de Pista ó Aire Libre que se celebrará en Vilagarcía de Arousa.






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
