Mondoñedo, 24 de maio de 2016.- A Asociación Salto do Coro e a Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo serán anfitrións das finais de Copa da Terra Cha na súa categoría A este sábado.
Serán cinco finais das distintas categorías, pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, cun total duns 150 nenos que competirán o sábado pola mañá.
Á presentación acudiron Manolo Cadramón, xefe do Servizo Provincial de Deportes; Manuel Tapia, concelleiro de Deportes do Concello de Mondoñedo, José Gómez, vicepresidente da Asociación Salto do Coro; e Jose Luis Ledo, tesoureiro da Asociación Deportiva Salto do Coro.