Lugo, 30 de xullo de 2016.- O comité executivo de Novas Xeracións do PP de Lugo iniciou este sábado unha rolda de visitas ás principais fontes de recursos da provincia, aqueles espazos nos que se desenvolve a actividade económica e onde empresarios e emprendedores realizan o seu traballo xerando emprego e riqueza.
A primeira das citas tivo lugar no Porto de Celeiro e nela participou o comité executivo de NNXX da provincia de Lugo, varias xuntas locais da Mariña, así como o coordinador comarcal da zona, José Manuel Balseiro e a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia. Tamén asistiron o deputado Jaime de Olano, o secretario de Organización do partido en Lugo, Daniel Vega, Antonio Bouza, presidente do PP de Viveiro e Sergio Camiña, secretario xeral de NNXX Galicia; preto de 40 persoas en total.
Esta visita sectorial incluiu un percorrido polas instalacións do porto, onde coñeceron a actividade da empresa Puerto de Celeiro, onde foron recibidos polo seu xerente. Tamén mantiveron unha reunión cos integrantes da Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo, de Celeiro.
A presidenta de Novas Xeracións da provincia de Lugo, a quiroguesa Roza Arza, explicou que estas reunións sectoriais pretenden poñer en valor as fontes de recursos espalladas ao longo da nosa xeografía. “Queremos apoiar aos emprendedores e aos empresarios que día a día traballan pola nosa provincia, coñecer de preto o que fan e as necesidades que teñen e tenderlles a man naquelo que podamos ser de axuda”, engadiu.
Arza precisou que se trata de “mostrar o noso apoio a favor dos sectores que xeran riqueza na provincia, como poden ser o do mar, a agricultura, a viticultura, a innovación e todos aqueles sectores que traballan polo despegue continuo da nosa economía. “Son ademais esas empresas e emprendedores os que levan o nome da nosa provincia polo mundo adiante, polo que queremos camiñar da súa man en colaboración con eles para poder establecer sinerxías en beneficio da expansión económica de Lugo”.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



