O Atleti Lourenzá, de Segunda Autonómica, debutaba nesta nova temporada coa primeira vitoria ante dun equipo de Primeira, o Riotorto.
Nun clásico de pretemporada, o Atleti exhibía boas maneiras a pesar dos múltiples cambios realizados ao londo do encontro. Os goles chegaron por parte do xuvenil Luís e de Montxo na segunda metade.
Augacons
Ademais, o pasado domingo Construcciones Augacons renovaba o seu patrocinio como sponsor do primeiro equipo de fútbol das Escolas. Estivo presente o presidente do club Pablo Maseda e un dos socios da empresa e directivo tamén do club, Juan López.