30 de setembro de 2016. A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) poñerá en marcha desde o vindeiro luns día 3 de outubro unha nova campaña especial de vixilancia nas estradas convencionais da comunidade galega. Durante toda a semana, ata o domingo día 9, incrementaranse os controis neste tipo de vías.
Segundo os datos estatísticos da DXT, catro son os factores que máis inciden nos accidentes: o exceso de velocidade, o consumo de alcol e drogas, non usar o cinto de seguridade e as distraccións. Nese sentido, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil vixiarán que se circule á velocidade adecuada, controlarán os adiantamentos indebidos, a inxesta de alcol ou drogas, o uso de casco e sistemas de retención, a utilización do teléfono móbil ou de calquera outro elemento que poida distraer durante a condución e, en xeral, calquera infracción da normativa vixente en materia de circulación viaria.
A campaña estará coordinada polas xefaturas provinciais de tráfico e os xefes dos subsectores da Garda Civil nas catro provincias e, sempre que sexa posible, advertirase aos condutores da existencia próxima de controis.
Desde a Delegación do Goberno en Galicia lémbrase que un dos obxectivos prioritarios na estratexia da DXT para o período 2011-2020 é o de lograr comportamentos máis seguros nas estradas convencionais.
A importancia desta campaña represéntase nas cifras que analiza a DXT en relación á sinistralidade viaria. Así, máis do 88% dos accidentes mortais rexistrados nas estradas galegas no que vai de ano producíronse neste tipo de vías.
CAMPAÑA ANTERIOR EN GALICIA
Como resultado da última campaña específica de vixilancia en vías convencionais en Galicia, desenvolvida desde o 19 ata o 25 de outubro de 2015, controláronse 75.058 vehículos e resultaron denunciados 2.911 condutores.
Entre as denuncias que máis incidencia tiveron para a seguridade viaria destaca o exceso de velocidade (con 1.593 denuncias, case o 55% das totais) seguido pola ausencia de cinto de seguridade e doutros sistemas de retención (con 190 denuncias, máis do 6% do total), por insuficiencias técnicas do vehículo (171, preto do 6%), por consumo excesivo de alcol (144 denuncias, case o 5%) e por usar do teléfono móbil (138 denuncias, máis do 4% do total).























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



