Foz a 10/10/2016.- Non saimos do noso asombro- así de contundente se mostra o grupo municipal socialista- ao ver publicada a orde onde se establece a relación de concellos aos que se lles vai aplicar una nova subida dos valores catastrais.
O concello de Foz, que ten un dos tipos de gravame mais alto é o único concello de toda a Mariña que pediu esta subida durante catro anos consecutivos, ningún outro concello da comarca aplica semellantes subidas aos seus veciños. Con este novo catastrazo levamos xa mais de un 57% de subida no valor catastral en catro anos en Foz.
É una suba inxusta, desproporcionada e arbitraria, decidida unilateralmente polo alcalde e o equipo de goberno do PP, una subida do 12% lineal durante catro anos acumulativa, que non ten en conta, nin a situación dos inmobles nin o ano de construción.
Compre recordar- explican os socialistas- que o PSOE presentou e foi aprobada en sesión plenaria una moción que marcaba a rebaixa da taxa que abonan os veciños ao 0’40% xa o pasado ano, moción contra á que, tanto PP e o BNG, presentaron alegacións, e que dez meses despois aínda esta pendentes de resolver. Dez meses, non un, nin dous, nin tres, dez!
Acaso están tan atarefados o equipo de goberno e o alcalde, que en dez meses non foron quen de levar a pleno a resolución distas alegacións? Ou o que de verdade os move, para esa desidia, é que os veciños e veciñas sigan a pagar o máximo posible, e poder así seguir presumindo de arcas saneadas? Oxalá as mesmas ansias que tivo o alcalde á hora de reclamar e aplicar subidas, as tivese á hora de, nun concello tan saneado coma o de Foz, aplicar a rebaixa da taxa aprobada polo pleno.
No seu afán recaudatorio o equipo de goberno do PP co alcalde Castiñeira á cabeza van a levar á ruína a moitas persoas. Con un imposto coma o do IBI, que non ten en conta capacidade económica das persoas e que afecta nun 99% a pensionistas, traballadores, comerciantes, pequenos autónomos, deberían ser moi coidadosos e conscientes das repercusións que pode ter calquera modificación á alza, nas xa de por si maltreitas economías familiares
Ademais de que estas subidas van repercutir noutros impostos coma IRPf, imposto de sucesións e transmisións, imposto de plusvalías…
Nestes últimos anos nos que a crise golpeou ás clases medias e baixa e os soldos foron minguando froito da reforma laboral do PP- os socialistas- pedimos ao alcalde que baixe á realidade, que escoite aos seus veciños e veciñas cando din que pagan moito polo imposto e que vexa as dificultades que teñen para chegar a fin de mes, que se fixe nos concellos onde os tipos son iguais ou inferiores e non se aplicaron semellantes subidas, coma por exemplo o veciño concello socialista de Burela, onde o tipo é do 0´40 e non se aplicou ningunha subida dos valores catastrais.
É o momento de aplicar, de unha vez por todas e sen demoras, medidas que poidan paliar en parte esta nova subida, una rebaixa nos tipos de gravame ao 0,40% como a que dende o PSOE se solicitou, foi aprobada e aínda esta pendente de resolución, de acordar o pago fraccionado en dúas veces, de bonificar aos que teñan o recibo domiciliado… medidas todas elas que xa foron a pleno e están aprobadas pola corporación- rematan os socialistas.