Burela, 18 de novembro de 2016. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello comezará a impartir dous novos cursos a vindeira semana.
O 23 de novembro iniciarase o curso Uso das redes sociais: Twitter, dirixido a persoas con coñecementos básicos en internet. Neste curso amosarase a manexar a rede social Twitter. Esta actividade contará cunha duración de 10,5 horas, impartirase de luns a venres de 10:30 a 12:00 horas e rematará o día 1 de decembro.
O segundo curso de Iniciación a internet, comezará o día 24 de novembro e finalizará o 5 de decembro. Os asistentes aprenderán a dar os seus primeiros pasos na internet a través do navegador Mozilla Firefox. A actividade contará cunha duración de 9 horas e impartirase de luns a xoves en horario de 16:00 a 17:30 horas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.gal.