A Casa do Mar acollerá o vindeiro mércores, 1 de febreiro, ás 20:30 horas unha conferencia titulada A normalización da violencia machista, sinais de alerta. Está organizada pola Concellaría de Igualdade e polo CIM e será pronunciada por Pilar Díaz Burgos, técnica de violencia de xénero da Secretaría Xeral de Igualdade.
Segundo explican desde o CIM “na conferencia afondárase sobre que é a violencia machista, cómo afecta, as causas, como poder detectala no noso entorno e o que é tamén moi importante, como actuar si percibimos que unha amiga, irmán, nai, veciña … está a sufrila. Contaremos coa presenza de Pilar Díaz Burgos, técnica de violencia de xénero da Secretaría Xeral de Igualdade e forma parte tamén do persoal do Centro de Recuperación Integral para vítimas de violencia de xénero”.
A charla está aberta a todo o público que queira asistir.
























Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



