O salón de actos da Casa da Cultura de Foz acolleu a numeroso público no Festival dos Namorados, que se celebrou na noite do pasado sábado.
Durante o evento entregáronse os premios aos galardoados no XVI Certame de Poemas de Amor, organizado pola biblioteca pública municipal focense. Ademais actuou un grupo de alumnos da Aula Moderna da Escola de Música de Foz, que dirixe Felipe Sánchez. “Foi unha fermosísima actuación de todos, que lle encantou ao numeroso público asistente”, explicaron dende a organización.
