Foz, 31 de marzo de 2016. Unha ducia de locais hostaleiros participarán na XIV Ruta das Tapas, que se celebrará en Foz do 13 ao 15 de abril. Este evento gastronómico, no que a protagonista é a cociña en miniatura, está organizado polo Centro Comercial Aberto.
As propostas culinarias serviranse en horario de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. As tapas custarán 1,5 euros.
Os establecementos que participan son: Bar 78, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock Café, O Lar de Bustos, O Muelle Bar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.
O público poderá votar a través do facebook do Centro Comercial Aberto de Foz á tapa coa mellor presentación.
O presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, sinala que “chegamos á Semana Santa cunha cita gastronómica, que xa está consolidada en Foz e na comarca, que é a Ruta das Tapas. Ofrecémoslle unha alternativa de ocio tanto aos que nos visitan nesas datas coma aos nosos veciños e veciñas. A nosa hostalería tentará, unha vez máis, dar o mellor de si nesta cita co tapeo e agarda sorprender coas súas propostas”.

























Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.


