Cervo, 31 de marzo de 2017. O BNG agarda que o goberno municipal cumpra o compromiso aprobado na sesion plenaria de onte para acometer obras de substitución e mellora das redes de abastecemento de auga ao barrio do Porto de Arriba en San Cibrao. O portavoz municipal Luís Bernardo Insua, afirmou que a situación da traída de auga nesta zona é insostíbel desde hai anos e anunciou que o BNG estará atento para vixiar a efectiva realización das obras.
O barrio do Porto de Arriba en San Cibrao non conta cunha rede de subministración de auga acorde coas súas necesidades. As tubaxes, en moitos casos vellas e en mal estado, sofren constantes roturas que provocan cortes no abastecemento dos fogares. Nalgunhas zonas,a presión éinsuficiente para o correcto funcionamento de electrodomésticos ou quentadores de auga e mesmo provoca avarías nestes equipamentos domésticos por mor das sucesivas reparacións incompletas e provisionais da rede xeral que arrastran lodos lesivos para as instalacións particulares das vivendas.
Ademais dos danos e perdas producidos á veciñanza, a necesidade de acometer continuas reparacións non definitivas por roturas supón un gasto extra para o Concello en obras e substitucións puntuais na rede de abastecemento ao que hai que sumar os estragos que provocan as constantes fugas de auga nas vías públicas.
O BNG presentara esta iniciativa no Concello o ano pasado acompañada de centos de sinaturas recollidas pola veciñanza e non puido ser debatida en pleno, pola negativa a facelo do Partido Popular. Agora, mediante a reiteración desta iniciativa, o PP no goberno local aceptou executala, non sen antes presentar unha emenda de substitución que o BNG rexeitou xa que ainda que ambiciosa por pretender o soterramento das redes eléctricas non inclúe datas de execución, nin proxecto, nin partida orzamentaria para a sua execución.
O BNG negase a formar parte de outro dos tantos enganos que dende o PP se quere facer os veciños e veciñas de Cervo, coma o compromiso que no seu dia fixera a Xunta de Galicia para o dragado da presa de Rua que leva consigo os elevadísimos custos do abastecemento de auga no concello após a posta en servizo do Consorcio de Abastecemento a Cervo e Burela. Bernardo Insua afirmou que os gastos de bombeo desde o encoro de Río Covo á planta potabilizadora da Senra poderían reducirse de maneira considerable de facerse dito dragado do encoro.
O portavoz municipal nacionalista, Luís Bernardo Insua, aproveitou para criticar a que o goberno do PP na Xunta se negou a asumir dito dragado a pesar de estar contemplado no proxecto inicial.
•Puntos de acordo presentados polo BNG.
1.—O pleno da corporación municipal acorda acometer con urxencia obras de mellora e substitución na rede de abastecemento de auga ao barrio do Porto de Arriba en San Cibrao.
2.—Que as referidas actuacións incluídas no punto anterior sexan executadas con cargo ao orzamento 2017 do Concello e dentro do exercicio da referida anualidade.
O BNG rexeitou unha emenda de substitución presentada poo PP por ser inconcreta que deixou o acordo nos seguintes termos: “Acordo para acometer as obras precisas en materia de abastecemento, saneamento e soterramento de liñas eléctricas e de telefonía no menor tempo posíbel, en función da dispoñibilidade económica do Concello de Cervo”.
Luís Bernardo Insua.
Concelleiro-portavoz municipal do BNG–Asembleas Abertas en Cervo






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



