Xove, 9 de maio de 2017.O Concello de Xove e a ACIAM organizan conxuntamente este ano a Festa das Flores.
Venres 12 ás 20:30: Acto de Apertura.
O acto de apertura ten un carácter íntimo e sinxelo, está composto por unha execución do músico local Eduardo Rodríguez Basanta acompañado da interpretación poética do actor viveirense Victor Rolle. O broche deste acto porao a poetisa e escritora Marica Campo (moi vinculada a Xove) coa súa intervención titulada: “Cando a vida estala en flores” na que falará da Celebración do Ciclo de Maio, da súa adaptación por parte da Igrexa e das características da festividade das Fillas de María cunha análise de xénero.
Venres 12 ás 22:30: Actuacións: Joni Ramos (Viveiro) e Ménage a Troix (De Viveiro e Xove)
SÁBADO 13:
En Chao da Aldea o sábado ás 11:00 da mañá farase a apertura da xornada xunto coa exposción fotográfica e xogos populares, amenizado por un pasarrúas do Grupo de Gaitas Saiñas de Xove. Ás 12:30 horas terán lugar as ofrendas tradicionais á Virxe María, seguidas de misa, cantada por Louvanzas Novas, á unha do mediodía e de procesión. Para as 14:30 horas está prevista a sesión vermú, que amenizará a Banda de Música o Landro de Viveiro. A xornada de festa continuará co xantar popular ás 15:00 horas, coa Gymkana ás 17:30 horas e coa foliada “Quen non baila, anima” a partir das 19:30 horas. Xa pola noite a partir das dez e media actuacións musicais de Dúo Eclipse, Ricardo Parada e DJ Karras.
Como actividades paralelas explican desde a directiva da asociación “teremos os xogos populares no atrio da igrexa: cordas, tres en raia, caldeiros, aros, buxainas e sacos, e a exposición fotográfica doutras edicións da Festa das Flores”.
A ACIAM e o Concello de Xove subliñan que “este ano teñen que dar as grazas a todas as empresas de Xove que quixeron colaborar economicamente no evento, xa que sin eles non sería posible a mesma”. E engaden que “todas as persoas que o desexen poden atopar información detallada na páxina de facebook Aciam Xove así coma na do Concello”.
IMAXE OFICIAL DA FESTA:
Esta festa estrea imaxe: un deseño atractivo e colorista
BOLSA OFICIAL DA FESTA:
Xa está á venta a bolsa oficial da festa, que se pode mercar no Concello e nos establecementos asociados. Ten un deseño atractivo e é moi útil: para ir a mercar, ir á praia, para levar unha prenda de roupa para as noites de verán,….
PROGRAMA:
Venres 12 de maio
20:30 – Acto de Apertura
Coa intervención de Marica Campo: “Cando a vida estala en flores”
Interpretación musical e poética de Eduardo Ramón Rguez Basanta e Victor Rolle.
22:30 – Actuacións:
Joni Ramos
Ménage à Troix
Sábado 13 de maio
11.00: Acto de apertura co pasarrúas a cargo do grupo de gaitas de Saiñas Xove.
12:30: Ofrendas tradicionais á Virxe María
13:00: Misa
14:00: Procesión
14:30: Sesión Vermú amenizado pola Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro
15:00: Xantar Popular
17:30: Xincana
19:30: “Quen non baila, anima”
22.30: Actuacións
Duo Eclipse. Lugo
Ricardo Parada
Karras Martínez
Durante toda a xornada do sábado:
-Xogos populares no atrio da Igrexa: cordas, tres en raia, caldeiro, aros, zancos, buxainas e sacos.
-Exposición fotográfica doutras edicións desta festa.