Cervo, 19 de xuño de 2017.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, pon en marcha diferentes iniciativas formativas dirixidas a mozos de ata 30 anos. Son os programas:
-Avívate en Cervo. Dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos; no que se desenvolverá un curso de monitor de tempo libre e diferentes obradoiros relacionados coa motivación persoal e emprendedora. O prazo para anotarse remata o 28 de xuño.
-Deseñando o teu futuro. Dirixido a rapaces de entre 14 e 18 anos, que poderán realizar estadías becadas en empresas e coñecer a realidade socio-laboral e empresarial da súa contorna. Recibirán unha retribución de 6 euros ao día e poderán facer prácticas nos diferentes departamentos do Concello, nunha peluquería, na Escola Infantil…O prazo para anotarse remata o 7 de xullo.
-Cervo a carón do voluntariado. Para rapaces de entre 16 e 30 anos. Os inscritos poderán colaborar nas diferentes actividades que se programan dende o Concello como os Enredos de Verán, as Noites Alternativas, ou unha actividade de achegamento á biblioteca, coa que se pretende animar á lectura aos nosos maiores.
As inscricións son de balde e as prazas son limitadas.
Nesta liña, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, sinalou que o que se pretende “é traballar para tentar ofrecer aos nosos mozos todas as ferramentas que estean na nosa man, para complementar e reforzar a súa formación e mellorar a súa empregabilidade, nun mercado laboral cada vez máis competitivo e que demanda maior cualificación”
O rexedor convidou, así mesmo, a todos os rapaces a que se sumen a estar propostas e que aproveiten o tempo de lecer ao máximo, “porque entendemos que estes proxectos constituirán un importante apoio para o seu futuro e desenvolvemento persoal e profesional”.

























Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.



