No día de Galicia, veciños de Trasbar partiron ás 10.30 h do local social do dito barrio para facer a ruta a pé ata o Santiago de Sargadelos. Foron doce os peregrinos que se votaron a andar, aos que máis tarde na hora do xantar, uniuse outro pequeno grupo chegado en coche. Os camiñantes estiveron acompañados do bo tempo durante todo o seu traxecto, e logo de percorrer o tramo final do seu camiño polo Camiño Real de Cervo a Sargadelos, chegaron ao seu destino onde se lles fixo entrega da súa concha de peregrino. Despois de botar uns bailes na sesión vermú e de xantar nas inmediacións da antiga fábrica, volveron andando ata Trasbar.




















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.