Lugo, 25 de xullo de 2017.- O Grupo Provincial do Partido Popular pedirá no próximo Pleno da Deputación de Lugo, convocado para o vindeiro mércores, que dende a institución provincial se cree unha comisión de seguimento para o cumprimento do período medio de pagamento a provedores por parte da administración que preside o socialista Darío Campos.
A Deputación Provincial de Lugo foi a que máis tardou en pagar de España no primeiro trimestre do ano 2017, tal e como reflicten os datos do Ministerio de Facenda e Función Pública feitos públicos sobre o Período Medio de Pagamento das Entidades Locais. En concreto, o período medio de pago en xaneiro foi de 47,27 días, en febreiro de 44,37 días e en marzo de 48,28 días.
A administración provincial colócase ademais como a que máis tempo tarda en efectuar os pagamentos a provedores das catro deputacións galegas. A Deputación da Coruña e a de Pontevedra pagan as súas facturas a provedores e bancos antes de cumprir os 30 días establecidos pola Lei, mentres que a Deputación de Lugo alcanzou no mes de marzo os 48,28 días.
Consecuencias
O feito de que a Deputación de Lugo se sitúe no ránking das peores pagadoras do Estado supón un problema para as empresas ás que se lle adebeda. Ademais os populares lembran que se a institución non paga aos seus provedores no prazo máximo establecido deberá informar dos recursos que vai dedicar mensualmente ao pago a provedores e adoptar as medidas necesarias de gasto, ingreso ou xestión de cobros e pagos para reducir o seu período medio de pagamento. No caso de continuar incumprindo, o Estado podería facerse cargo das facturas reténdollo do sistema de financiamento ao organismo provincial.
Polo tanto, este feito supón un problema para as empresas ás que se lle adebeda, ao tempo que pode traer consigo algún tipo de reprimenda por parte do Goberno. Tanto é así que o Ministerio podería chegar a reter as súas participacións nos ingresos do Estado a aquelas administracións que superen a normativa de morosidade durante varios meses seguidos.
Unha xestión manifestamente mellorable
Os populares pídenlle ao equipo de Goberno que “traballe” para mellorar estes resultados. Desde o PP consideran que estes datos son froito da mala xestión do Goberno de Darío Campos e dos problemas internos que asedian ao seu partido e os teñen afastado dos problemas reais dos cidadáns da provincia e na procura das mellores e máis efectivas solucións. “Os provedores están a pagar as consecuencias dunha xestión manifestamente mellorable”, precisan.
Así, dende o Grupo Provincial Popular consideran que estes datos son froito dunha mala política orzamentaria por parte do equipo de Goberno provincial polo que estiman que resulta necesario crear unha comisión de seguimento para o cumprimento do período medio de pagamento a provedores por parte do organismo provincial coa finalidade de evitar os prexuízos económicos que a demora nos pagamentos por parte do organismo provincial está a causar nos provedores.
Por último, en canto á composición da comisión, os populares piden na súa iniciativa que esta se integre do mesmo xeito que as comisións informativas integradas por un representante de cada un dos Grupos. Ademais o Grupo Popular solicita na moción que a comisión sexa convocada para a súa constitución no prazo máximo de 10 días naturais, se é adoptado o acordo polo Pleno, e que as reunións da mesma teñan carácter quincenal para analizar as facturas pendentes de pagamento.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



