Burela, 11 de xullo de 2017. No día de hoxe o primeiro tenente de alcalde de Burela, Ramiro Fernández, saíu ao paso das mentiras e críticas que está a verter o PP de Burela sobre o abono de facturas do servizo de recollida do lixo.
O concelleiro de Obras e Servizos quixo aclarar que “o abono das facturas á empresa da limpeza se fai, se fixo e se fará sempre en base aos pregos técnicos e á legalidade que marcaron a adxudicación dese servizo”. E subliñou que “por primeira vez na historia de Burela se fai un control estrito e severo dun servizo municipal, cousa que o Partido Popular de Burela mentres estivo no goberno nunca tivo interese en facer, eles saberán porque. Así nos atopamos na situación de incumprimentos continuos que facía a anterior concesionaria ata que este equipo de goberno decidiu prescindir dos seus servizos”.
O edil socialista mostrou a súa preocupación ante a deriva que está tomando a oposición do Partido Popular de Burela: “está claro que o Partido Popular de Burela non asumiu o resultado electoral das pasadas eleccións municipais, e esa rabia e resquemor polo tremendo batacazo que os veciños de Burela plasmaron nas urnas non serviu para que o Partido Popular reflexione e recoñeza dunha vez por todas que a súa xestión nos seus catro anos de goberno foi un auténtico desastre”. Ramiro Fernández Rey pensa que “usar a mentira para tentar desprestixiar ao goberno municipal non os vai a levar a ningures, xa que calquera veciño pode ver que o servizo de limpeza mellorou moito en xeral”.
O concelleiro de Obras e Servizos quixo aclarar que “o abono das facturas da concesionaria da limpeza estase facendo tal e como mandan os pregos técnicos do contrato. A concesionaria emite informe das actuacións realizadas mensualmente, corrobórase por parte dun técnico municipal e a empresa de control do servizo emite informe para dar o visto bo ao abono da factura. En todo caso, si o Partido Popular ten algunha dúbida de que se estea incumprindo isto o que ten que facer, e animámolo a que o faga, é presentarse na Fiscalía e presentar unha denuncia, de non ser así e como lle gusta dicir ao Sr. Barcia….chitón”.
Con respecto ao funcionamento do servizo en si mesmo Fernández Rey declarou que “calquera pode observar que o servizo, grazas ao control que se fai do mesmo, mellorou substancialmente con respecto ao que había. O feito que demostra isto é precisamente que mentres que coa anterior concesionaria as queixas veciñais eran diarias, agora as queixas son moi puntuais e son atendidas inmediatamente que chegan ao Concello. Está claro que o Sr. Barcia cando estaba no Concello, ou pasaba das queixas dos veciños, ou ben facía oídos xordos das mesmas, porque evidentemente o anterior servizo, aparte de que ninguén o controlaba, era un desastre. Mellorouse en canto a limpezas de praias o 100% (antes non se facía), o servizo de baldeo o mesmo, a limpeza de contedores estase a facer escrupulosamente como recolle o contrato, ampliáronse os horarios de atención nas rúas, etc, etc…”.
Para o concelleiro burelés “é evidente que o Sr. Barcia segue a ser un defensor a ultranza da anterior concesionaria e parece que non lle gustou que lle rescindiramos o contrato, pero este equipo de goberno está para defender os intereses dos veciños e veciñas de Burela. Non estamos para defender os intereses de ningunha empresa. Ao Sr. Barcia estáselle vendo moito o plumeiro e iso desacredítao para criticar calquera cousa con respecto ao tema do lixo despois do descontrol que tivo durante os seus anos de goberno con este servizo, onde se lle deixou campar ás súas anchas incumprindo reiteradamente as súas obrigas e incumprindo os compromisos que esa empresa tiña co pobo de Burela. Ademais deixando ao Concello en total indefensión nas reclamacións contra a empresa ao non personarse como acredor no concurso, cando se lle informou por parte do xulgado mercantil no ano 2012”.
Izado das bandeiras azuis
Con respecto ás críticas vertidas sobre o acto de izado das bandeiras azuis e á non asistencia de Ramiro Fernández Rey este indicou que “está claro que o Sr. Barcia está totalmente desquiciado, non se enteira de nada, ou as súas fontes informativas lle queren facer a cama, xa que non da unha. Este concelleiro ten moi claro que a representación do equipo de goberno era a que tiña que ser posto que estaban o alcalde e a concelleira de Medio Ambiente, por certo botamos en falta a presenza do Sr. Barcia, tan crítico que é coa representación. A todo isto e con toda a importancia que lle da o Sr Barcia a este acto, dicir que o ano pasado non acudiu ningún representante do Partido Popular ao mesmo”.
E engadiu: “teño que dicir que como o Partido Popular de Burela sabe perfectamente eu non ten ningún tipo de dedicación do Concello, non teño salario do Concello e ese día, a pesares de que intentei asistir non puiden por motivos laborais, estaba traballando na empresa que mee paga a fin de mes. Ese foi o motivo polo que non puiden asistir. Xa sabemos que o Sr. Barcia o servizo público o entende baixo unha nómina, pero non todo o mundo o entende así. Polo tanto non foi nin por despreocupación nin por vagancia, como insinúa o Partido Popular de Burela”.
O concelleiro de Obras e Servizos tamén puntualizou que “o traballo que se fai coordinadamente entre as Concellerías de Turismo, Medio Ambiente e Cultura é notorio e estamos moi orgullosos do mesmo. Por fin se empeza a falar de Burela como destino turístico, a xestión na lexislatura do Partido Popular de Burela foi igual a cero, xa sabemos que isto non lle gusta ao Sr. Barcia, pero as cousas son como son”.
Ramiro Fernández Rey rematou a súa intervención cunha recomendación: “recomendámoslle ao Partido Popular de Burela que cambie de estratexia, xa que se seguen pola mesma liña están condenados ao desastre. Esperamos unha oposición que sexa firme, pero tamén seria e construtiva. A liña de oposición destrutiva que está a seguir o Partido Popular de Burela baseada na mentira, na ensidia, o insulto e na palabrería barrio bajera non os vai levar a ningún sitio, e os grandes prexudicados van a ser os veciños e as veciñas de Burela”.